Ven de publicarse o Caderno I do Proxecto CIDEC, baixo o título Cara a unha comunicación non excluínte. Esta obra resume o traballo realizado ao longo da primeira fase do proxecto, que rematou o maio pasado coa celebración do I Encontro Cidadanía e Educomunicación. O Caderno estructúrase en dous grandes bloques, por unha banda estarían os grupos de discusión celebrados a finais de 2014 con representantes de organizacións sociais, medios comunitarios e xornalistas. Ditos grupos de discusión foron transcritos e analizados polo equipo de investigadores do proxecto. Por outra banda, o Caderno recolle os seminarios téoricos celebrados entre finais de 2014 e principios de 2015. Faino a través de textos elaborados polos profesores que os impartiron e da elaboración dun glosario que recolle os principais conceptos tratados nos mesmos. Pódese consultar a obra na súa totalidade no seguinte enderezo: https://cidadaniaecomunicacion.files.wordpress.com/2014/11/caderno-i-do-proxecto-cidec-cara-a-unha-comunicacic3b3n-non-excluc3adnte.pdf, así como na sección de Materiais deste blogue. Ratifícase así o compromiso da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), que pilota o proxecto CIDEC, coa divulgación científica e o diálogo constante coa sociedade. Nas vindeiras semanas está prevista a edición do Caderno II do proxecto, que recollerá o traballo levado a cabo na segunda fase e que servirá de colofón final. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.
A Universidade e os medios de comunicación deben ter sensibilidade social
– Remata o ‘II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións’, que se celebrou en Santiago dende o mércores ata hoxe
– Investigadores, organizacións sociais e comunicadores conversaron sobre a necesidade de tender pontes entre os tres eidos e mellorar a formación
O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), desenvolvido por 5 grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), organizou o II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións. Celebrouse dende o mércores ata hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). No encontro participaron investigadores, comunicadores, organizacións sociais e activistas ligados aos catro grupos sociais cos que traballa o proxecto CIDEC: persoas con diversidade funcional, mulleres, infancia e xuventude, e persoas migrantes. Ademais presentouse o Observatorio Cidadán da Comunicación (OCC), unha ferramenta de análise e reflexión sobre a comunicación en tódalas súas vertentes, prestando especial atención á labor dos medios de comunicación. Dito Observatorio nace coa vontade de facilitar a participación dos grupos sociais vulnerables no eido comunicativo. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.
Mañá comeza o ‘II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións’
O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), desenvolvido por 5 grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), organiza o ‘II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións’. Celebrarase en horario de mañá e tarde durante o mércores 7 e o xoves 8, rematando na mañá do venres 9, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). No encontro participarán investigadores, comunicadores, organizacións sociais e activistas ligados aos catro grupos sociais cos que traballa o proxecto CIDEC: persoas con diversidade funcional, mulleres, infancia e xuventude, e persoas migrantes. O II Encontro ten por obxectivo recoller experiencias de participación nos diversos colectivos sociais e comunidades, así como idear entre estes, os comunicadores e os investigadores sociais, ferramentas, accións e procesos que axuden a unha mellor comunicación entre todos eles e permitan un coñecemento e recoñecemento igualitario e compartido. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.
II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións, os días 7, 8 e 9 de Outubro en Santiago
O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), desenvolvido por 5 grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), organiza o II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións. Celebrarase en horario de mañá e tarde o mércores 7 e o xoves 8, e rematará o venres 9 pola mañá, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). No encontro participarán investigadores, comunicadores, organizacións sociais e activistas ligados aos catro grupos sociais cos que traballa o proxecto CIDEC: persoas con diversidade funcional, mulleres, infancia e xuventude, e persoas migrantes. O II Encontro ten por obxectivo recoller experiencias de participación nos diversos colectivos sociais e comunidades, así como idear entre estes, os comunicadores e os investigadores sociais, ferramentas, accións e procesos que axuden a unha mellor comunicación entre todos eles e permitan un coñecemento e recoñecemento igualitario e compartido. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.
7º Encontro Nacional de Mulleres os días 18, 19 e 20 de setembro en Panxón
A Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo organiza o 7º Encontro Nacional de Mulleres os días 18, 19 e 20 de setembro na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Ao longo do Encontro haberá conferencias como a que dará Estrela Gómez Viñas sobre ‘Violencia de xénero desde a perspectiva da infancia’, así como obradoiros. As participantes poderán escoller entre tres propostas: o Obradoiro 1 sobre ‘Teatro da Oprimida’, o Obradoiro 2 sobre ‘Auto-coñecemento’ a través do ciclo das mulleres e o Obradoiro 3 sobre ‘A revolución dos afectos’. A inscripción ao Encontro pódese realizar chamando ao 986222328 ou ao 606929137. A Rede de Mulleres colabora activamente co proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC) que desenvolve a Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), co financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER da Unión Europea.
CALL FOR PAPERS: 8º Congreso Internacional CEISAL 2016 en Salamanca
O Consejo Europeo de Investigaciones Sociales de América Latina (CEISAL) e o Instituto de Iberoamérica da Universidad de Salamanca organizando o 8º Congreso Internacional CEISAL 2016: “Tiempos posthegemónicos: sociedad, cultura y política en América Latina”, que se celebrará en Salamanca do 28 de xuño ao 1 de xullo de 2016. No mesmo daranse cita investigadores de tódolos eidos das ciencias sociais, de cara xerar espazos de reflexión plurais e críticos dende diferentes disciplinas, para avanzar no coñecemento da realidade social, cultural, económica e política de América Latina en tiempos posthexemónicos. O Congreso articúlase en diversos eixos temáticos que cubren tódalas ciencias sociais. Dentro do eixo da comunicación celebrarase o simposio “Comunicación y cambio social”, coordinado por Marcelo Martínez Hermida, coordinador da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE) así como do proxecto CIDEC; e por Ana Tamarit, da Universidade Estatal de Milagro (UNEMI). Dende a REAL_CODE e o proxecto CIDEC convídase a tódolas persoas que realizan investigación sobre comunicación, comunidade e cambio social que envíen os seus abstracts para participar neste simposio. O prazo de presentación de propostas de ponencias remata o 30 de outubro. O 16 de novembro comunicaranse as ponencias aceptadas e os investigadores terán ata o 30 de marzo de 2016 para o envío das mesmas. Pódese consultar toda a información relativa ao Congreso na súa web: http://ceisal2016.usal.es/es/.
Video sobre os grupos de discusión organizados polo proxecto CIDEC
O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC) organizou a finais de 2014, seis grupos de discusión. Un con persoas asociadas a medios comunitarios, outro con xornalistas, e catro con organizacións sociais ligadas aos grupos de atención social prioritaria cos que traballa o proxecto CIDEC: mulleres, persoas con diversidade funcional, persoas migrantes e infancia e xuventude. Ditos grupos de discusión foron gravados, transcritos e empregados ao longo do proxecto, tanto para a construcción do Índice de Vulnerabilidade como para a elaboración do Cadenillo I do proxecto CIDEC. Como resumo das máis de 10 horas gravadas durante a celebración de ditos grupos de discusión, ven de elaborarse e publicarse un video. O proxecto CIDEC, posto en marcha pola Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.
Finaliza o ‘Obradoiro de radio en igualdade’, organizado polo proxecto CIDEC e a Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo
Participantes no Obradoiro de radio
O pasado martes 28 de xullo rematou o ‘Obradoiro de radio en igualdade’ que ao longo do mes de xullo organizou a Asociación Rede de mulleres contra os malos tratos de Vigo, co apoio do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), que está a desenvolver a Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE). Como colofón a todo o traballo levado a cabo ao longo das sesións celebradas en Vigo, as participantes gravaron un programo de radio no estudo da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela. O programa así como outros contidos elaborados ao longo do obradoiro, pódense escoitar nos enderezos que se facilitarán a continuación. Este obradoiro renova o compromiso do proxecto CIDEC por tender puntos de encontro entre o eido da investigación e o entramado social e activista. O proxecto conta co financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER da Unión Europea.
Curso de verán ‘Políticas de integración de inmigrantes: Debates sobre a xestión da alteridade’ (A Coruña, 21-25 de setembro)
Do 21 ao 25 de Setembro polas tardes na Coruña celebrarase o Curso de Verán da Universidade da Coruña sobre “Políticas de integración de inmigrantes: Debates sobre a xestión da alteridade”. Dito curso está organizado polo grupo de investigación Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI), que forma parte da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), así como do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC) que ésta desenvolve na actualidade. As persoas migrantes son un dos catro grupos de atención social prioritaria cos que está a traballar o proxecto CIDEC. O prazo de matrícula finaliza o 15 de Setembro. Os prezos oscilan entre 30 euros (estudantes y comunidade universitaria, parados/as, xubilados/as, persoas con discapacidade recoñecida, e persoal laboral/funcionarios de todas as Administracións Públicas) e de 50 euros para o público xeral.
CALL FOR PAPERS: Simposio ‘Comunicación e Xénero: prostitución e prostitucións simbólicas nos medios de comunicación’
Os vindeiros 3 e 4 de marzo de 2016 celebrarase en Santiago de Compostela o Simposio ‘Comunicación e Xénero: prostitución e prostitucións simbólicas nos medios de comunicación’. Este evento forma parte do proxecto Promediar, no que participa o grupo de investigación CIDACOM da USC, membro fundador da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE). O Simposio pretende ser un punto de encontro entre investigadores especializados en cuestións de xénero de todo o mundo, de ahí que os idiomas oficiais do mesmos sexan o galego, o castelán, o portugués e o inglés. Ademais das conferencias que xa figuran no programa do evento, haberá paneis de comunicación para a presentación de papers por parte de investigadores. O envío de abstracts para a admisión de ditos papers deberá realizarse antes do 1 de outubro. O resumo estará escrito no idioma orixinal e mais en inglés. Terá unha extensión de entre 750 e 1.000 caracteres (espazos incluídos) e irá seguido das correspondentes palabras chave na lingua na que estea escrito o artigo e mais en inglés. E enviarase á conta de correo electrónico proyectopromediar@gmail.com. Así mesmo, a inscripción no Simposio será gratuita, enviando os datos persoais (nome, apelidos, DNI) á mesma conta de correo electrónico. Pódese consultar o resto de información sobre o Simposio no seguinte enderezo: http://proyectopromediar.wix.com/comunicacionygenero.