Arquivo

Monthly Archives: Novembro 2014

IMG_1037-2

[The audiovisual collective Proxecto Socheo joins the network REAL_CODE]

A Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento continúa a establecer lazos de colaboración con entidades do tecido asociativo galego, especialmente con aquelas que tratan de empregar as ferramentas comunicativas para a transformación social. Esta mañá Marcelo Martínez , coordenador da Rede, asinaba con Beli Martínez, secretaria da Asociación Cultural Socheo, o documento polo que se formaliza a integración deste colectivo.

O Proxecto Socheo, creado na Guarda por un grupo de persoas vencelladas ao movemento veciñal e ao audiovisual, traballa para localizar, inventariar e estudar os arquivos audiovisuais gravados na comarca do Baixo Miño, como parte do patrimonio e da memoria colectiva local. Froito da súa colaboración co IES A Sangriña, veñen de ser merecedores do Premio ao mellor proxecto de Alfabetización Audiovisual concedido polo ICAA e 2014.

Advertisement

[Seminar on Critical Discourse Analysis by professor Félix Balanzó]

O seminario Análise Crítica do Discurso: acerca do texto estraño de obrigado cumprimento celebrarase ao longo da semana que vén.Dito seminario inaugura os cursos de formación do proxecto CIDEC, destinados a investigadores, estudantes, xornalistas e membros de organizacións sociais ligados ao ámbito das ciencias sociais. O seminario será impartido polo Doutor Félix Balanzó da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB), de luns a venres, en horario de 16:30 a 19:30, na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela.

BAlanzo

Read More

O Valedor e o IP asinando a carta de apoio

O Valedor e o IP asinando a carta de apoio

[The Galician Ombudsman joins Cidec Research Project]

O Valedor do Pobo de Galicia, Julio José Fernández Rodríguez, fixo público o apoio do organismo ao proxecto CIDEC. O Valedor asinou unha carta de apoio e adhesión ao proxecto nun encontro co investigador principal (IP) do mesmo, Marcelo Martínez, celebrado onte na sede do Valedor do Pobo en Santiago de Compostela.
Read More

derribaImaxe representativa do colectivo filosófico Proxecto Derriba

[Contemporary philosophy to understand key concepts]

O 26 novembro ás 16:30 terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC a primeira sesión do seminario “Análise de cinco conceptos chave”, impartido por integrantes do Proxecto Derriba, unha organización sen ánimo de lucro dedicada á reflexión filosófica.

Esta primeira sesión será impartida por Beatriz Blanco, e tratará sobre o concepto de dereitos humanos.

Read More

formacion okO profesor Xesús Lage durante unha das sesións de formación

[Cidec Project launches a training programme for scholars]

O proxecto Cidec bota a andar coa posta en marcha dun programa de formación dirixido a investigadores do ámbito da comunicación, da socioloxía e da educación, así como a xornalistas e cidadáns ligados a organizacións sociais. Entre os meses de novembro e febreiro impartiranse na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago seis seminarios a cargo de reputados docentes. Os cursos serán plenamente sufragados polo proxecto, de tal forma que a matrícula é completamente gratuíta. Para inscribirse, os interesados terán que enviar o seu nome completo, o seu número de DNI e máis o seu curriculum vitae de acordo cos estándares europeos á dirección de correo electrónico: proxectocidec@gmail.com.

Read More

Este espazo nace coa intención de converterse nunha plataforma de visibilidade do proxecto Cidec. Aquí iremos plasmando os avances da investigación, as actividades realizadas e os resultados, a medida que se vaian producindo. Ao mesmo tempo, desexamos que sexa unha  ferramenta de comunicación útil entre os distintos participantes no proxecto. Estamos abertos ás vosas suxerencias!