Comezan os cursos de formación

formacion okO profesor Xesús Lage durante unha das sesións de formación

[Cidec Project launches a training programme for scholars]

O proxecto Cidec bota a andar coa posta en marcha dun programa de formación dirixido a investigadores do ámbito da comunicación, da socioloxía e da educación, así como a xornalistas e cidadáns ligados a organizacións sociais. Entre os meses de novembro e febreiro impartiranse na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago seis seminarios a cargo de reputados docentes. Os cursos serán plenamente sufragados polo proxecto, de tal forma que a matrícula é completamente gratuíta. Para inscribirse, os interesados terán que enviar o seu nome completo, o seu número de DNI e máis o seu curriculum vitae de acordo cos estándares europeos á dirección de correo electrónico: proxectocidec@gmail.com.

Programa dos seminarios

– “Análise crítica do discurso: acerca do texto estraño de obrigado cumprimento” . Días 17 e 21 de novembro en horario de tarde.  Impartido polo profesor da Universidade Autónoma de Barcelona, Félix Balanzó.

– “Análise de cinco conceptos chave”. Cinco xornadas de tarde espalladas entre novembro e febreiro, dedicadas a cinco conceptos clave: Dereitos Humanos (26 Nov), Subalternidade (3 Dec), Poder (28 Xan), Cidadanía (5 Feb) e Comunidade (12 Feb). Impartido polo colectivo Derriba.

“Emancipación cidadá como estratexia de comunicación transmedia”. Decembro, entre o 9 e o 12, en horario de tarde. A cargo do profesor Denis Renó, da Universidade Estadual Paulista do Brasil.

– “Análise dos medios a través de índices de medición e o empoderamento cidadán”. Días 15 e 16 de decembro, en horario intensivo de mañá e tarde. Impartido pola profesora da Universidade Complutense de Madrid e máis do Instituto de Altos Estudios Nacionales de Ecuador, Palmira Chavero.

“Educomunicación e Investigación-Acción Participativa”. Entre o 12 e o 16 de xaneiro, en horario de tarde, a cargo de Carme Mayugo de Teleduca.

“Comunicación, cidadanía e xustiza social. Novos paradigmas para a reflexión e a acción”. Entre o 19 e o 23 de xaneiro, en horario de tarde. Impartido polo profesor Alejandro Barranquero, da Universidade Carlos III de Madrid,

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: