O Valedor do Pobo asina unha carta de apoio ao proxecto CIDEC

O Valedor e o IP asinando a carta de apoio

O Valedor e o IP asinando a carta de apoio

[The Galician Ombudsman joins Cidec Research Project]

O Valedor do Pobo de Galicia, Julio José Fernández Rodríguez, fixo público o apoio do organismo ao proxecto CIDEC. O Valedor asinou unha carta de apoio e adhesión ao proxecto nun encontro co investigador principal (IP) do mesmo, Marcelo Martínez, celebrado onte na sede do Valedor do Pobo en Santiago de Compostela.

Tendo en conta a relevancia e o impacto social que poder ter CIDEC na sociedade galega en xeral, e nos grupos de atención social prioritaria en particular, o Valedor do Pobo vense a comprometer a:

1. Facilitar toda a información relativa aos grupos de atención social prioritaria necesaria para levar a cabo a investigación.
2. Ofrecer o asesoramento do persoal do Valedor do Pobo ao proxecto.
3. Colaborar na realización de seminarios, debates e talleres.
4. Participar en congresos e publicacións científicos ligados á posta en marcha e aos resultados obtidos polo CIDEC.
5. Apoiar a elaboración dun Índice da vulnerabilidade dos dereitos humanos e cidadás nos medios (IVDMC).
6. Asinar un convenio de colaboración, de cara a estreitar a relación entre o Valedor do Pobo e os grupos de investigación, así como para unificar esforzos na defensa dos dereitos dos colectivos aos que vai dirixido o CIDEC.
7.  En última instancia, prestar o seu apoio á posta en marcha dun Selo de Calidade Informativa, que garanta que os medios de comunicación galegos informan adecuadamente sobre os grupos de atención social prioritaria mencionados anteriormente.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: