A Comunicación e as ONGD, a debate en Allariz

[Working sessions on Communication and NGDOs]

A Asociación Galega de Reporteiras Solidarias (AGARESO), integrada na REAL_CODE, organiza un encontro sobre Comunicación e ONGD os vindeiros 15 e 16 de novembro, en Allariz.

O obxectivo deste encontro é o intercambio de capacidades, experiencias e ideas entre os e as xornalistas e os equipos técnicos das ONGD galegas.

logo agareso

O sábado pola mañá haberá charlas nas que se analizará e debaterá sobre as campañas de comunicación das ONGD, da man de Intermon Oxfam, achegarémonos aos proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento a través da experiencia de Agareso, e aprenderemos a facer Comunicación de Guerrilla con Amnistía Internacional.

Na tarde haberá tres obradoiros, que teñen como obxectivo a aplicación do Vídeo de Combate, as Redes Sociais, e a Comunicación para o Desenvolvemento nos proxectos de Cooperación e Educación.

O domingo terá lugar a Asamblea Anual de Agareso na que esperamos compartir con todos vós a experiencia da organización e recabar todas as vosas opinións.

A organización cubre a manutención da fin de semana e o aloxamento no albergue dos membros de Agareso ou doutras organizacións que queiran asistir.

As inscricións poden facerse enviando un correo a voluntariado@agareso.org.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: