Arquivo

Monthly Archives: Decembro 2014

Palmira-1. Palmira Chavero foi coordinadora do ‘Índice de Vulnerabilidad de los Derechos en los Medios’ de Ecuador

[CIDEC seminar about Media Vulnerability Index as a tool of media control and social empowerment]

O vindeiro luns 15 de decembro dará comezo na Facultade de Ciencias da Comunicación un novo seminario encadrado no proxecto Cidadanía e Educomunicación. Neste caso tratarase o tema dos índices de medición para a análise dos contidos dos medios de comunicación. O seminario analizará tamén o papel do cidadán no sistema de comunicación, a importancia de xerar redes sociais e arroxará as pautas necesarias para enfrontar unha lectura crítica dos medios de comunicación.
Read More

Advertisement

832ab3a8f2932e3df3fa5e5bef62cdf2Sonia Livingstone, Marcelo Martínez, Carme Mayugo e Peter Lewis

[CIDEC members discuss  community communication and media literarcy with Peter Lewis and Sonia Livingstone.]

Durante a súa estadía en Londres, os investigadores do proxecto CIDEC Carme Mayugo e Marcelo Martínez celebraron unha conversa con dous destacados especialistas no ámbito da comunicación e o desenvolvemento, Sonia Livingstone (London School of Economics) e Peter Lewis (London Metropolitan University). Sonia Livingstone é profesora de psicoloxía social e ten focado a súa investigación nas relacións entre a infancia e os medios de comunicación. Pola súa banda, Peter Lewis ten traballado sobre comunicación comunitaria, en relación coa que desenvolveu a noción de cohesión social. Read More

P1030882Reunion de representantes de CIDEC con Platform, en Londres o 3 de decembro

[CIDEC  has met PlatformLondon, an organisation which combines art, activism, education and research ]

Membros do proxecto CIDEC viaxaron a Londres na primeira semana de decembro para manter distintas xuntanzas con colectivos e investigadores que traballan en proxectos de Educomunicación. Un dos primeiros encontros foi o 3 de decembro co colectivo Platform, que traballa combinando activismo, arte, educación e investigación.

Read More

O profesor Denis Renó

[Next week it will take place the seminar ‘Citizen empowerment as transmedia communication strategy]

O profesor da Universidade Estadual Paulista do Brasil, Denís Renó, impartirá entre o martes 9 e o venres 12 de decembro o seminario ‘Emancipación cidadá como estratexia de comunicación transmedia. Este curso de formación inscríbese dentro do proxecto CIDEC. O seminario terá lugar no seminario 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O curso celebrarase durante os catro días dende as 16.30 h ás 19.30 h. A inscripción é gratuita e pode levarse a cabo escribindo un mail a proxectocidec@gmail.com.

Read More

fotogrupoxornalistas Grupo de discusión con xornalistas galegos,o 19 de novembro no Valedor do Pobo

[Focus group discussion with jounalists from Galician mainstream media]

O pasado 19 de novembro tivo lugar, na biblioteca da sede do Valedor do Pobo, unha xuntanza con xornalistas que traballan habitualmente con información relacionada cos grupos sociais vulnerables. Participaron Clara de Saa (Radio Galega), Sara Carreira (La Voz de Galicia), Olalla Rodil (Sermosgaliza) e Luis Pardo (SER), coa moderación da profesora Marta Pérez Pereiro. As profesionais intercambiaron a súa visión sobre o xeito no que os medios de comunicación tratan as problemáticas que afectan aos colectivos sociais vulnerábeis, facendo fincapé nas rotinas profesionais que moitas veces provocan un deficiente tratamento destas informacións.
Read More