O Proxecto Cidec pulsa a opinión dos distintos axentes sobre a vulnerabilidade mediática

fotogrupoxornalistas Grupo de discusión con xornalistas galegos,o 19 de novembro no Valedor do Pobo

[Focus group discussion with jounalists from Galician mainstream media]

O pasado 19 de novembro tivo lugar, na biblioteca da sede do Valedor do Pobo, unha xuntanza con xornalistas que traballan habitualmente con información relacionada cos grupos sociais vulnerables. Participaron Clara de Saa (Radio Galega), Sara Carreira (La Voz de Galicia), Olalla Rodil (Sermosgaliza) e Luis Pardo (SER), coa moderación da profesora Marta Pérez Pereiro. As profesionais intercambiaron a súa visión sobre o xeito no que os medios de comunicación tratan as problemáticas que afectan aos colectivos sociais vulnerábeis, facendo fincapé nas rotinas profesionais que moitas veces provocan un deficiente tratamento destas informacións.

Todas as participantes no grupo de discusión se amosaron moi interesadas polo proxecto CIDEC e ofreceron a súa colaboración nas futuras accións que se poidan desenvolver no marco do mesmo, como a organización de xornadas formativas ou de círculos de lectura crítica dos medios.
O Proxecto Cidadanía e Educomunicación contempla, na súa primeira fase, a elaboración dunha diagnose compartida con profesionais da comunicación e representantes de grupos sociais prioritarios (muller, persoas migrantes, persoas con diversidade funcional e mocidade) a cerca das eivas da representación mediática destes colectivos sociais vulnerábeis. O obxectivo é que desta primeira fase poidan extraerse unha serie de conclusións que permitan, nunha segunda fase, propor accións compartidas para o empoderamento destes grupos mediante a súa autorrepresentación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: