Seminario sobre emancipación cidadá e comunicación transmedia, a vindeira semana

O profesor Denis Renó

[Next week it will take place the seminar ‘Citizen empowerment as transmedia communication strategy]

O profesor da Universidade Estadual Paulista do Brasil, Denís Renó, impartirá entre o martes 9 e o venres 12 de decembro o seminario ‘Emancipación cidadá como estratexia de comunicación transmedia. Este curso de formación inscríbese dentro do proxecto CIDEC. O seminario terá lugar no seminario 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O curso celebrarase durante os catro días dende as 16.30 h ás 19.30 h. A inscripción é gratuita e pode levarse a cabo escribindo un mail a proxectocidec@gmail.com.

O desenvolvemento cidadá é fundamental para diminuír a desigualdade entre grupos sociais, e neste sentido a comunicación ocupa un importante papel para ofrecer aos cidadáns a oportunidade de expresar as súas inquedanzas e esixir a devida atención. Para acadar iso, a comunicación contemporánea conta cunha estratexia de linguaxe que ofrece maior participación, onde os contidos pasan a ser producidos e compartidos polo cidadán común. Este seminario ten como proposta a exposición e capacitación sobre prácticas relacionadas á comunicación cidadá a partir da narrativa transmedia.

Programa do seminario:

– Día 9: Apertura do seminario: Narrativa transmedia e comunicación cidadá

– Día 10: A comunidade móbil

– Día 11: Espazos dixitais

– Día 12: A comunicación cidadá como realidade

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: