Conversa con Peter Lewis e Sonia Livingstone

832ab3a8f2932e3df3fa5e5bef62cdf2Sonia Livingstone, Marcelo Martínez, Carme Mayugo e Peter Lewis

[CIDEC members discuss  community communication and media literarcy with Peter Lewis and Sonia Livingstone.]

Durante a súa estadía en Londres, os investigadores do proxecto CIDEC Carme Mayugo e Marcelo Martínez celebraron unha conversa con dous destacados especialistas no ámbito da comunicación e o desenvolvemento, Sonia Livingstone (London School of Economics) e Peter Lewis (London Metropolitan University). Sonia Livingstone é profesora de psicoloxía social e ten focado a súa investigación nas relacións entre a infancia e os medios de comunicación. Pola súa banda, Peter Lewis ten traballado sobre comunicación comunitaria, en relación coa que desenvolveu a noción de cohesión social. A conversa entre os dous autores, Livingstone e Lewis, foi moderada por Carme Mayugo e Marcelo Martínez, do grupo CIDACOM da USC, e xirou arredor das relacións entre a comunicación comunitaria e a educomunicación. O contido da mesma será publicado no próximo número da Revista Internacional de Comunicación e Desenvolvemento.

O encontro tamén serviu como oportunidade para comentar cos investigadores os obxectivos e principios do proxecto CIDEC; Peter Lewis asemade comentou os últimos avances do proxecto TRE do que é investigador principal, para o que conta con financiamento europeo a través do programa HERA. O proxecto trata de analizar os usos que as minorías étnicas, culturais e lingüisticas europeas fan da radio comunitaria como medio para manter contacto coas súas comunidades.

Durante a viaxe a Londres, os membros do proxecto CIDEC tamén mantiveron unha xuntanza con investigadores da universidade de Roehampton.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: