Arquivo

Monthly Archives: Xaneiro 2015

SONY DSC

[ACPP and Agareso organized the seminar ‘Social Journalism and International Cooperation’]

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) veñen de abrir o prazo para inscribirse na quinta edición do Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’. O curso inclúe unha expedición a Marrocos onde dúas das participantes traballarán con organizacións locais. Agareso forma parte activamente da base social de Rede Europa – América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE). Tanto dende REAL_CODE como dende o proxecto CIDEC, apoiase activamente esta iniciativa, que busca tender pontes entre a investigación e as organizacións sociais, a través da formación.

Read More

Advertisement

gefil

[UNEMI researchers publish a paper about radios and communities in Ecuador]

Os investigadores Dra. Ana Tamarit, Juan Carlos Cevallos e Jéssica Yépez veñen de publicar na revista mexicana Razón y Palabra, o artigo ‘Radios y comunidades en la región 5 del Ecuador. Existentes y resistencias entre la reterritorialización y las urgencias de una política comunicativa nacional’. Os tres investigadores forman parte do grupo Comunidad, Comunicación y Cambio Social (CCCS), da ecuatoriana Universidad Estatal de Milagro (UNEMI), que vén de integrarse tanto en REAL_CODE como no proxecto CIDEC, tras a estancia na mesma do Dr. Marcelo Martínez. O artigo, pódese ler online neste enderezo: http://razonypalabra.org.mx/N/N88/Varia/53_TamaritCevallosYepez_V88.pdf. Nel fálase tanto de REAL_CODE como de CIDEC, dando visibilidade a ambas iniciativas e fortalecendo a colaboración entre Ecuador e os grupos SUG que levan a cabo o proxecto de investigación CIDEC.

Read More

gefil

[GEFIL group (USC) joins the network REAL_CODE]

Grupo de Investigación Galego de Estudos para a Formación e a Inserción Laboral (GEFIL), da Universidade de Santiago de Compostela (USC), vén de sumarse á Rede Europa – América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE) e mais ao proxecto CIDEC. A carta de adhesión foi firmada a semana pasada polo coordiandor de GEFIL, o Doutor Antonio Rial, e polo coordinador de REAL_CODE e do proxecto CIDEC, o Doutor Marcelo Martínez. Mediante esta adhesión á rede, búscase fortalecer ao proxecto CIDEC no eido metodolóxico. Esta proxecto de investigación está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.

Read More

portada revista ricd1

[Call for papers for International Journal of Communication and Development nº 2]

A Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD), unha nova publicación científica editada pola Universidade de Santiago, abriu a convocatoria para a proposta de colaboracións para o número 2, que sairá en xuño. RICD convida aos investigadores a enviar traballos que versen sobre Cidadanía e Educomunicación, relacionados co xénero, a infancia e a xuventude.

Read More

P1040094
De esquerda a dereita: o Dr. Marcelo Martínez, Jéssica Yépez, Juan Carlos Cevallos e a Dra. Ana Tamarit
[CCCS group (UNEMI, Ecuador) joins the network REAL_CODE]
O grupo de investigación CCCS (Comunidad, Comunicación y Cambio Social) da ecuatoriana Universidade Estatal de Milagro (UNEMI), vén de sumarse á Rede Europa – América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE) e mais ao proxecto CIDEC.  O acordo asinouse durante estancia en Ecuador do Dr. Marcelo Martínez, coordinador tanto de CIDEC como de REAL_CODE. Nos próximos días, Juan Carlos Cevallos, membro do CCCS, visitará a Universidade de Santiago de Compostela, no cadro do proxecto CIDEC. Deste xeito, estréitase a colaboración entre Ecuador e Galicia, arredor deste proxecto de investigación financiado pola Xunta e os fondos FEDER da Unión Europea.

Read More

descarga

O Doutor Alejandro Barranquero (Universidad Carlos III)

[CIDEC seminar about Communication, citizenship and social justice. New paradigms for reflection and action]

A próxima semana terá lugar o último curso semanal de formación do proxecto CIDEC, ‘Comunicación, cidadanía e xustiza social. Novos paradigmas para a reflexión e a acción’. O seminario será impartido polo profesor da Universidad Carlos III, Alejandro Barranquero. As cinco clases teórico-prácticas levaranse a cabo no Seminario de Doutoramento (S3) da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, de luns a venres entre as 16.30 h e as 19.30 h. A inscripción ao curso é completamente gratuita e pode realizarse enviando un correo electrónico á dirección proxectocidec@gmail.com.

Read More

carmeCarme Mayugo, investigadora da USC e responsable de Teleduca

[CIDEC seminar about Educommunication and Participatory Action Research]

O vindeiro luns 12 de xaneiro volven os cursos de formación do proxecto CIDEC, co seminario ‘Educomunicación e Investigación-Acción Participativa’, impartido pola investigadora Carme Mayugo, responsable da cooperativa catalana Teleduca, Educació i Comunicació . O seminario terá lugar na Sala de Doutoramento (S3) da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, de luns a venres, entre as 16:30 h e as 19:30 h. O curso de formación terá un carácter teórico-práctico, pondo especial énfase na importancia da participación activa dos suxeitos nos procesos de transformación social, así como nas ferramentas para conseguilo.

Read More