Seminario CIDEC sobre Educomunicación e Investigación-Acción Participativa

carmeCarme Mayugo, investigadora da USC e responsable de Teleduca

[CIDEC seminar about Educommunication and Participatory Action Research]

O vindeiro luns 12 de xaneiro volven os cursos de formación do proxecto CIDEC, co seminario ‘Educomunicación e Investigación-Acción Participativa’, impartido pola investigadora Carme Mayugo, responsable da cooperativa catalana Teleduca, Educació i Comunicació . O seminario terá lugar na Sala de Doutoramento (S3) da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, de luns a venres, entre as 16:30 h e as 19:30 h. O curso de formación terá un carácter teórico-práctico, pondo especial énfase na importancia da participación activa dos suxeitos nos procesos de transformación social, así como nas ferramentas para conseguilo.

Programa do seminario

– Luns 12. Módulo 1.1: Necesidades socioeducativas, colectivos vulnerables e educomunicación. Comunicación comunitaria e creación artística como complementariedades

– Martes 13. Módulo 1.2: Prácticas e metodoloxías educomunicativas basadas na creación audiovisual participativa. Estudo de casos dende o punto de vista do desenvolvemento local

– Mércores 14. Módulo 2.1: Procesos, tácticas e estratexias de traballo educomunicativo con  e dende a comunidade I (mulleres e xénero, infancia e xuventude, migracións e interculturalidade, e diversidade multifuncional)

– Xoves 15. Módulo 2.2: Procesos, tácticas e estratexias de traballo educomunicativo con  e dende a comunidade II (mulleres e xénero, infancia e xuventude, migracións e interculturalidade, e diversidade multifuncional)

– Venres 16. Módulo 3: Desenvolvemento de proxectos educomunicativos en tres fases de traballo participativo entrecruzadas: diagnose e conceptualización, dinámica de vivencialidade comunitaria, e difusión e elementos multiplicadores.

Inscripción

Ao igual que nos anteriores cursos de formación promovidos polo proxecto CIDEC, a inscripción é totalmente gratuita, e pódese realizar enviando un correo á conta de correo electrónico proxectocidec@gmail.com. As persoas que participen nun 60% das clases recibirán un certificado de asistencia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: