Seminario CIDEC sobre Comunicación, cidadanía e xustiza social. Novos paradigmas para a reflexión e a acción

descarga

O Doutor Alejandro Barranquero (Universidad Carlos III)

[CIDEC seminar about Communication, citizenship and social justice. New paradigms for reflection and action]

A próxima semana terá lugar o último curso semanal de formación do proxecto CIDEC, ‘Comunicación, cidadanía e xustiza social. Novos paradigmas para a reflexión e a acción’. O seminario será impartido polo profesor da Universidad Carlos III, Alejandro Barranquero. As cinco clases teórico-prácticas levaranse a cabo no Seminario de Doutoramento (S3) da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, de luns a venres entre as 16.30 h e as 19.30 h. A inscripción ao curso é completamente gratuita e pode realizarse enviando un correo electrónico á dirección proxectocidec@gmail.com.

Este módulo propón unha revisión dos principais paradigmas que teñen guiado a teoría, a investigación e a práctica no campo da comunicación para o desenvolvemento e para o cambio social. Proponse para iso un percorrido teórico-práctico que parte das epistemoloxías clásicas –o binomio modernización  fronte a participación– e as súas metodoloxías máis habituais –difusionismo e marketing social fronte a investigación acción participativa (IAP)-, e que finaliza incidindo nun conxunto de prolíficas perspectivas contemporáneas, que censuran as antigas nocións de desenvolvemento e de información, e plantexan unha nova ecoloxía dos saberes (De Sousa Santos, 2005) desde premisas ecolóxicas, decoloniais e postdesarrollistas (Escobar, 1996, 2010).

O módulo invita a que a comunicación siga reforzando o diálogo con novos constructos teóricos procedentes do pensamento crítico máis avanzado, como os de: a xustiza social e ecolóxica, o decrecemento e as necesidades, a filosofía lenta (slow culture), e os comúns (commons). Estes conceptos son prolíficos a efectos de articular unha disciplina máis atenta aos riscos ecolóxicos globais que vive o planeta (ex. cambio climático), ao compoñente material (e non só cultural) das tecnoloxías (Maxwell e Miller, 2012), e á interdependencia do ser humano con respecto aos contornos físicos e naturais. O obxectivo último é contribuír a desoccidentalizar os estudos mediáticos (Curran e Park, 2000) e a combater un tecnodeterminismo que segue sendo habitual nos discursos gobernamentais, corporativos ou mediáticos (Mosco, 2011; Morozov, 2012).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: