Convocatoria de colaboracións RICD nº 2: Cidadanía e Educomunicación

portada revista ricd1

[Call for papers for International Journal of Communication and Development nº 2]

A Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD), unha nova publicación científica editada pola Universidade de Santiago, abriu a convocatoria para a proposta de colaboracións para o número 2, que sairá en xuño. RICD convida aos investigadores a enviar traballos que versen sobre Cidadanía e Educomunicación, relacionados co xénero, a infancia e a xuventude.

Os autores interesados en publicar as súas investigacións na revista poden enviar os seus resumos ata o 15 de febreiro ao mail textos@revistaricd.net. Unha vez revisados os abstracts e comunicada a súa aceptación, terán de prazo ata o 15 de marzo para remitir os textos completos.

Baixo o tema xeral de Cidadanía e Educomunicación, RICD suxire catro liñas de traballo:

1a. Comunicación e xénero. Análise dos medios de comunicación, actuacións e propostas desde os medios de comunicación con perspectiva de xénero.
1b. A educomunicación desde a perspectiva de xénero. Análises xurdidas desde o ámbito da educomunicación que partan da vulnerabilidade específica da que son obxecto as mulleres no contexto dos medios.
2a. Novos retos para a infancia e a xuventude: análise e experiencias que se centren na vulnerabilidade da infancia e da xuventude e a súa relación cos medios.
2b. Mundos infantís e xuvenís con voz propia: análises e propostas de intervención innovadoras ante as novas e vellas desigualdades e ante as oportunidades e os retos aos que se enfrontan os nenos e os mozos do século XXI.

A Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo é unha nova publicación en liña de periodicidade semestral que pon o foco de atención na interrelación que presentan as esferas de coñecemento da Comunicación e o Desenvolvemento, dende unha postura crítica e comprometida coa transformación social. Logo do lanzamento dun número cero inaugural o pasado mes de novembro, a publicación recibiu o ano 2015 cun novo número de 200 páxinas que inclúe catro artigos orixinais e seis ensaios científicos, entroutros contidos.

Datos de contacto
Revista RICD
Despacho CAI-3, Facultad de Ciencias de la Comunicación, Universidade de Santiago de Compostela
C/Avenida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela – A Coruña,
E-mail: info@revistaricd.net
@revistaricd

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: