O grupo CCCS de UNEMI (Ecuador) intégrase na REAL_CODE

P1040094
De esquerda a dereita: o Dr. Marcelo Martínez, Jéssica Yépez, Juan Carlos Cevallos e a Dra. Ana Tamarit
[CCCS group (UNEMI, Ecuador) joins the network REAL_CODE]
O grupo de investigación CCCS (Comunidad, Comunicación y Cambio Social) da ecuatoriana Universidade Estatal de Milagro (UNEMI), vén de sumarse á Rede Europa – América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE) e mais ao proxecto CIDEC.  O acordo asinouse durante estancia en Ecuador do Dr. Marcelo Martínez, coordinador tanto de CIDEC como de REAL_CODE. Nos próximos días, Juan Carlos Cevallos, membro do CCCS, visitará a Universidade de Santiago de Compostela, no cadro do proxecto CIDEC. Deste xeito, estréitase a colaboración entre Ecuador e Galicia, arredor deste proxecto de investigación financiado pola Xunta e os fondos FEDER da Unión Europea.

CCCS vén de traballar na configuración dun mapa e dun censo de radios comunitarias na Rexión 5 de Ecuador, co fin de establecer as relacións que se dan entre medios e comunidades do territorio, así como o seu valor como elementos artelladores da cohesión social. Ademáis, neste momento están a realizar a tarefa de interpretación dos datos cualitativos,  de cara á proxección dun observatorio de medios.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: