Investigadores de UNEMI publican un artigo sobre radios e comunidades en Ecuador

gefil

[UNEMI researchers publish a paper about radios and communities in Ecuador]

Os investigadores Dra. Ana Tamarit, Juan Carlos Cevallos e Jéssica Yépez veñen de publicar na revista mexicana Razón y Palabra, o artigo ‘Radios y comunidades en la región 5 del Ecuador. Existentes y resistencias entre la reterritorialización y las urgencias de una política comunicativa nacional’. Os tres investigadores forman parte do grupo Comunidad, Comunicación y Cambio Social (CCCS), da ecuatoriana Universidad Estatal de Milagro (UNEMI), que vén de integrarse tanto en REAL_CODE como no proxecto CIDEC, tras a estancia na mesma do Dr. Marcelo Martínez. O artigo, pódese ler online neste enderezo: http://razonypalabra.org.mx/N/N88/Varia/53_TamaritCevallosYepez_V88.pdf. Nel fálase tanto de REAL_CODE como de CIDEC, dando visibilidade a ambas iniciativas e fortalecendo a colaboración entre Ecuador e os grupos SUG que levan a cabo o proxecto de investigación CIDEC.

Un dos autores do mesmo, Juan Carlos Cevallos, atópase agora mesmo de estancia investigadora en Galicia, colaborando na posta en marcha do proxecto ‘Cidadanía e Educomunicación: vulnerabilidade mediática, capacitación comunicativa e desenvolvemento nas comunidades locais e en grupos de atención social prioritaria’ (CIDEC), cofinanciado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: