Arquivo

Monthly Archives: Febreiro 2015

unnamed

[CALL FOR CHAPTERS FOR AN ALAIC-ECREA BOOK: Connecting paradigms: Communication Studies in Latin America and Europe]

A Asociación Latino-Americana de Investigadores de la Comunicación (ALAIC) e a Asociación Europea de Investigación y Educación en Comunicación (ECREA), da cal forma parte REAL_CODE, presentan unha chamada de capítulos que pretende reunir textos que reflexionen sobre os principais paradigmas na investigación en Comunicación e nos Estudos sobre Medios en Europa e en América Latina. Ademáis, este proxecto, pretende estimular un diálogo entre autores dos dous continentes, a partir da producción conxunta dos capítulos do libro, titulado Conectando paradigmas: Investigación en Comunicación en América Latina y Europa.

Read More

proxectoderriba

[Last journeys of the seminar ‘Analysis of five key concepts’]

O xoves día 12 de Febreiro, terá lugar a cuarta sesión do seminario ‘Análise de cinco conceptos chave’, que xirará en torno á comunidade. Dita sesión será impartida por dous membros do Proxecto Derriba, Abraham Rubín e Lucía Castro. O seguinte xoves, 19 de Febreiro, rematará o seminario, organizado dentro dos cursos de formación do proxecto CIDEC, coa derradeira sesión sobre cidadanía, impartida por Beatriz Blanco, que xa se fixera cargo das dúas primeiras clases celebradas a finais do ano pasado sobre dereitos humáns e subalternidade. Ambas sesións terán lugar na aula S3 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en horario de 16.30 h. a 19.30 h.

Read More