Últimas xornadas do seminario CIDEC ‘Análise de cinco conceptos chave’

proxectoderriba

[Last journeys of the seminar ‘Analysis of five key concepts’]

O xoves día 12 de Febreiro, terá lugar a cuarta sesión do seminario ‘Análise de cinco conceptos chave’, que xirará en torno á comunidade. Dita sesión será impartida por dous membros do Proxecto Derriba, Abraham Rubín e Lucía Castro. O seguinte xoves, 19 de Febreiro, rematará o seminario, organizado dentro dos cursos de formación do proxecto CIDEC, coa derradeira sesión sobre cidadanía, impartida por Beatriz Blanco, que xa se fixera cargo das dúas primeiras clases celebradas a finais do ano pasado sobre dereitos humáns e subalternidade. Ambas sesións terán lugar na aula S3 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en horario de 16.30 h. a 19.30 h.

Cidadanía

Di Aristóteles na Política que para pensar o Estado é absolutamente imprescindible indagar o concepto de cidadanía pois aí se atopan os elementos propios do Estado. Este seminario pretende seguir o consello do sabio grego e investigar, desde una perspectiva filosófica e xenealóxica, o concepto de cidadanía que nos levará, a modo introdutorio e velocísimo, dende a Grecia clásica até a contemporaneidade.

Comunidade

A communitas latina expresa unha relación non estruturada entre individuos en condicións relativas de igualdade onde existe un sentimento de participación. A historia do concepto é longa e profusa. Este seminario quere partir da afamada distinción entre Comunidade e Sociedade do sociólogo alemán F. Tönnies para camiñar até a pregunta polo “común” na actualidade. Neste senso analizaremos, dunha banda, o forte rexurdir do concepto con interpretacións e prácticas altamente innovadoras no campo que rodea ao concepto “procomún” e, doutra banda, achegaremos as características básicas das críticas contemporáneas aos intentos de fundamentar o concepto “comunidade” e “común” nun principio transcendente. A súa ausencia esencial é, máis ben, o que posibilita o camiño cara o común.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: