ALAIC e ECREA fan unha chamada para o libro ‘Conectando paradigmas: Investigación en Comunicación en América Latina y Europa’

unnamed

[CALL FOR CHAPTERS FOR AN ALAIC-ECREA BOOK: Connecting paradigms: Communication Studies in Latin America and Europe]

A Asociación Latino-Americana de Investigadores de la Comunicación (ALAIC) e a Asociación Europea de Investigación y Educación en Comunicación (ECREA), da cal forma parte REAL_CODE, presentan unha chamada de capítulos que pretende reunir textos que reflexionen sobre os principais paradigmas na investigación en Comunicación e nos Estudos sobre Medios en Europa e en América Latina. Ademáis, este proxecto, pretende estimular un diálogo entre autores dos dous continentes, a partir da producción conxunta dos capítulos do libro, titulado Conectando paradigmas: Investigación en Comunicación en América Latina y Europa.

Para iso, os editores do libro seleccionarán textos procedentes de Europa e de América Latina, de acordo coas seguintes correntes: funcionalistas, críticas, culturais, alternativas, post-colonialistas/decolonialistas e feministas. Cada texto abordará o paradigma seleccionado centrándose na súa propia rexión, desenvolvendo o rol que ten xogado ese paradigma nun dos dous continentes e no campo dos estudos sobre comunicación e medios.

Unha vez que se reciban e avalíen os textos, os editores do libro invitarán aos autores que escriban capítulos dentro do mesmo paradigma a establecer un diálogo en liña que desembocará nunha breve reflexión adicional (textual). Este innovador proceso aspira a construir un intercambio de ideas sólido e enriquecedor entre os autores implicados no libro, e incorporará unha dimensión comparativa ao proxecto.

Para máis información sobre prazos, requisitos e procedementos a seguir, remitimos aos seguintes enderezos: http://www.alaic.org/site/llamada-de-capitulos-para-libro-alaic-ecrea/?lang=es e http://www.ecrea.eu/news/article/id/248

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: