Publícanse dous libros co apoio de REAL_CODE

libros

[Two books are published with the support of REAL_CODE]

Véñense de publicar dous monográficos co apoio da Rede Europa – América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE). O primeiro deles, Comunicación, cultura e esferas de poder, está coordinado por Margarita Ledo, investigadora principal de Estudos Audiovisuais (GEAV), que se atopa tanto en REAL_CODE como no proxecto CIDEC, e por Maria Immacolata Vassallo de Lopes. A obra está composta por artigos de reputados expertos no eido da comunicación tanto en Europa como en América Latina, como Miquel de Moragas, Enrique Bustamante, Alfonso Gumucio ou Gabriel Kaplún. No mesmo, inclúese un artigo de Antía López, investigadora pertecente, ao igual que Ledo, au grupo de investigación GEAV.

O segundo libro, publicado neste arranque do ano, co soporte de REAL_CODE é Medios y opinión pública, que veu a luz na Universidade do Rosario en Colombia. O libro está editado por Marcelo Martínez, coordinador tanto de REAL_CODE como do proxecto CIDEC, Denis Renó e Carolina Campalans. Nesta publicación reflexiónase sobre o papel que xogan os medios de comunicación nas nosas sociedades. Ademais do propio Martínez, nesta obra figuran artigos escritos por outros investigadores do grupo CIDACOM, como Ana Belén Puñal, Juan A. Hernández Les ou Luis Ogando.

Coa publicación destas dúas obras, REAL_CODE reafírmase no seu papel como ponte entre investigadores en ciencias sociais dos dous lados do Atlántico. Tanto Comunicación, cultura e esferas de poder como Medios e opinión pública, inciden nos obxectivos tanto de REAL_CODE como do actual proxecto CIDEC, financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: