O estado do proxecto CIDEC (I): O que temos feito ata agora

10872860_764309343637814_5236139814221596568_o

Reunión de traballo entre investigadores, organizacións sociais e xornalistas celebrada o 12 de febreiro

[CIDEC project status (I): What we’ve done so far]

O proxecto ‘Cidadanía e Educomunicación: vulnerabilidade mediática, capacitación comunicativa e desenvolvemento nas comunidades locais e en grupos de atención social prioritaria’ (CIDEC), atópase na actualidade no seu quinto mes de execución. Até o de agora sentáronse as bases teóricas sobre as que se asentan os seus obxectivos, púxose en marcha o traballo conxunto entre a base social e os grupos de investigación universitaria e a finais de mes pecharase a publicación do primeiro libro centrado netamente nas áreas de traballo do proxecto. Imos realizar un repaso polo desenrolado até este momento:

– Grupos de discusión e reunións de traballo con organizacións sociais e xornalistas

Ao longo destes cinco meses, desenvolveuse un proceso continuo de colaboración entre os investigadores do proxecto CIDEC e os grupos de atención social prioritaria do mesmo (mulleres, migrantes, persoas con diversidade funcional e infancia/xuventude). Leváronse a cabo 6 grupos de discusión: un con membros de medios comunitarios, outro con xornalistas de medios de comunicación, un terceiro con persoas ligadas a organizacións sociais do ámbito da diversidade funcional, un cuarto con cidadás ligadas ao ámbito da muller, un quinto con traballadores de ONG sobre migracións, e en último lugar, un grupo de discusión con persoas que traballa con nenos e adolescentes. Ditos grupos de discusión foron moderados por investigadores dos grupos que conforman CIDEC e gravados, para posteriormente ser transcritos e analizados. Ditas análises estanse a rematar nestes momentos, de cara a unha reunión que se levará a cabo o 24 de Marzo, e na que investigadores e organizacións sociais discutirán o seu contido, de cara a completalas.

Durante este proceso de análise dos grupos de discusión, levouse a cabo unha primeira reunión de traballo coas organizacións e os medios, de cara a pór en común os seus problemas e demandas, así como para articular o traballo en común. Na mesma sentáronse as bases para a posta en marcha dun Observatorio de medios galegos. Dito observatorio articularase en torno a grupos de lectura conformados polos propios cidadáns pertencentes aos grupos de atención social prioritaria, que observarán e analizarán a forma en que os medios os representan.

Así mesmo, fíxose unha panorámica dos principais problemas que as organizacións detectan no eido que fan os medios da representación dos grupos foco, e como estes vulneran os seus dereitos. A partir desa relación de problemas, estase a elaborar o Índice de Vulnerabilidade dos Dereitos dos Cidadáns nos Medios. O cal, a partir de dimensións (problemas, ex: sexismo) e indicadores (formas en que istos problemas se manifestan, ex: emprego de imaxes morbosas), medirá canto vulneran os medios os dereitos dos grupos de atención social prioritaria. Ditas dimensións e indicadores completaranse coas análises das transcricións e poranse en común para o seu debate e discusión na reunión do 24 de Marzo.

– Seminarios teórico-prácticos

Leváronse a cabo seis cursos de formación aos que asistiron tanto investigadores, como membros de organizacións sociais.

Análise crítico do discurso: acerca do texto estraño de obrigado cumprimento” (17-21 de Novembro). Impartido polo profesor da Universidade Autónoma de   Barcelona, Félix Balanzó.

“Análise de cinco conceptos chave”. Impartido polo colectivo Derriba ao longo de cinco xornadas de tarde espalladas entre              Novembro e Febreiro. Os cinco conceptos aos que se lles dedicou unha clase monográfica foron: Dereitos Humanos,          Subalternidade, Poder, Cidadanía e Comunidade.

“Emancipación cidadá como estratexia de comunicación transmedia” (9-12 de Decembro), a cargo do profesor Denis Renó, da Universidade Estadual Paulista do Brasil.

“Análise dos medios a través de índices de medición e o empoderamento   cidadán” (15 – 16 Decembro). Impartido pola profesora da Universidade Complutense de Madrid e máis do Instituto de Altos Estudios Nacionales de Ecuador, Palmira Chavero.

-“Educomunicación e Investigación-Acción Participativa” (12-16 de Xaneiro). Impartido por  Carme Mayugo de Teleduca.

“Comunicación, cidadanía e xustiza social. Novos paradigmas para a reflexión e a acción” (19-23 de Xaneiro). O curso foi impartido polo profesor Alejandro Barranquero, da Universidade Carlos III de Madrid.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: