O estado do proxecto CIDEC (II): O que queda por facer

10669995_734831566585592_1384128894903221867_n

Primeiro encontro, en decembro, para a posta en marcha do Índice de Vulnerabilidade

[CIDEC project status (I): What remains to be done]

– Observatorio de medios de comunicación galegos. Pór en marcha o Observatorio como ferramenta para observar e analizar a labor dos medios e camiñar cara unha regulación dos seus contidos no eido dos grupos de atención social prioritaria, así como para fomentar a súa autorregulación. O Observatorio pretende ser un punto de encontro e intercambio entre a Academia, as organizacións sociais, os cidadáns e os medios de comunicación

Círculos de lectura crítica. Constituír grupos de lectura conformados por cidadáns dos grupos foco que analicen os contidos dos medios de forma continua. Ditos grupos de lectura estarán integrados no Observatorio, e permitirán aos propios cidadáns avaliar como os medios os representan e traballar na súa propia forma de autorrepresentarse.

– Índice de Vulnerabilidade. A partir do traballo que se ten feito ata o de agora (grupos de discusión, seminarios, reunións de traballo, análises), vanse consensuar con todos os actores implicados, as dimensións e os indicadores que constituirán o Índice de Vulnerabilidade. Dito Índice permitirá medir canto vulneran os diversos medios galegos os dereitos dos grupos de atención social prioritaria.

Mesas de negociación. Entre medios e organizacións sociais sobre o xeito de falar dos grupos de atención social prioritaria, de cara a chegar a acordos tanto no emprego da linguaxe como no enfoque das novas. Entre institucións e medios, de cara fomentar a autorregulación dos xornalismo galego.

– Obradoiros. Se na primeira fase do proxecto CIDEC, leváronse a cabo seminarios de investigación, de cara a asentar as bases teóricas do mesmo, na súa segunda fase desenrolaranse obradoiros, cos propios cidadáns dos grupos de atención social prioritaria. Nestes obradoiros traballarase a súa autorrepresentación. Polo de agora xa está confirmado o obradoiro que levará a cabo a británica Platform London, que traballa con xuventude e migrantes, empregando ferramentas artísticas e urbanas como o rap ou o graffiti.

– Publicacións. Editaranse dous monográficos, un en Brasil e o outro en España, sobre experiencias no eido da educomunicación e a cidadanía, os dous campos sobre os que se asenta o proxecto CIDEC. Así como a publicación dun cadernillo que recolla todo o traballo realizado ata o de agora, e o número 3 da revista RICD, dedicado en exclusiva á área de traballo do proxecto.

– Encontros e difusión. Dous encontros nos que se difundirán os resultados e os progresos acadados. O primeiro celebrarase o 25 e o 26 de Maio, ligado á primeira fase do proxecto. O segundo, en outubro, como remate do mesmo . Nos encontros daranse cita tanto investigadores e académicos, como persoas ligadas á base social, ao traballo coas organizacións e os cidadáns dos grupos foco.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: