I Xornadas sobre Novos Espazos para a Alfabetización e Intelixencias Múltiples

_3378

[I Seminars on New Spaces for Literacy and Multiple Intelligences]

Os días 7 e 8 de maio celebraranse en Murcia as I Xornadas ‘Novos espazos para a alfabetización e intelixencias múltiples’. Este encontro está organizado polo grupo de investigación da Universidad de Murcia, ‘Arte y políticas de identidad’, que se integrou na Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE) a finais do ano pasado. E por liñas temáticas e obxectivos, atópase fortemente ligado ao proxecto CIDEC, que se está a desenvolver na actualidade.

Neste encontro, preténdese reflexionar de maneira conxunta sobre as alfabetizacións necesarias nun mundo caracterizado poa multiplicidade de discursos comunicativos e procesos de ensinanza-aprendizaxe. Trataranse temas como a alfabetización transmedia, cine e educación, pedagoxías críticas e discursos publicitarios, ou alfabetizacións para o empoderamento. O programa de participantes, que xa está dispoñible en Casiopea, confórmano profesores de diversas Universidades españolas e profesionais de diferentes áreas que nos mostrarán prácticas comunicativas sobre estas cuestións. Participarán académicos como Antoni Badía (UOC), María Pinto (Universidad de Granada), Joan Ferrés (Universidad Pompeu Fabra) ou Juan Manuel Escudero (Universidad de Murcia), entre outros, así como colectivos como Cine Sin Autor. Combinaremos as mesas redondas de debate con proxeccións audiovisuais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: