Arquivo

Monthly Archives: Abril 2015

Boaventurasousasantos06052007-300x233

[Boaventura de Sousa Santos conference at Coruña University]

Este venres, día 24 de abril, Boaventura de Sousa Santos, un dos principais sociólogos do mundo, vai dar unha conferencia na Universidade da Coruña (UDC). Dita Universidade está a celebrar os 25 anos da súa fundación a través do Ciclo de conferencias ‘A Universidade pública posible’, dentro do cal se inscribe a conferencia de Sousa Santos. O acto terá lugar ás 12.00 na Facultade de Socioloxía da UDC. O grupo de investigación ESOMI, situado nesa mesma facultade forma parte da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), así como do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), que se está a desenvolver na actualidade. A presencia de Sousa Santos é de especial relevancia tendo en conta que é un dos grandes teóricos no eido da epistemoloxía e a defensa dos dereitos humanos. A conferencia poderá verse por streaming na canle da UDC: http://www.udctv.es/#/live

Read More

Advertisement
I Encontro Novas Pensadoras

I Encontro Novas Pensadoras

Call for papers for the I Galician Meeting of New Thinkers: Visibility Strategies for Minoritized Cultures 

Propor unha reflexión sobre  que significa e como funcionan os grupos culturais e lingüísticos minoritarios na súa interacción coas correntes e linguas predominantes. Este é o obxectivo do I Encontro Galego de Nov@s Pensador@s, organizado polo Proxecto Derriba, que terá lugar os vindeiros 6 a 8 de Xullo na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela.

O encontro está aberto a pensadoras e pensadores de todas as disciplinas que queiran enviar as súas propostas arredor de sete eixos temáticos:

  1. Comunidade
  2. Periferia
  3. (Post)colonialismo cultural
  4. Empoderamento
  5. Subalternidade
  6. Minoría
  7. Precariedade

Os resumos poden enviarse até o 30 de abril ao correo info@proxectoderriba.org