O colectivo artístico Platform London impartirá este mércores 27 e máis o xoves 28 de maio, o taller de arte e expresión ‘Crea, actúa’ na Coruña. A organización Ecos do Sur acolle dito obradoiro dentro do proxecto Agra Civis. Dúas facilitadoras de Platform London atópanse esta semana en Galicia convidadas polo proxecto CIDEC, que leva a cabo a Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE). Ecos do Sur ten colaborado activamente neste proxecto, e desa relación nace esta iniciativa. O obradoiro é completamente gratuito e impartirase polas tardes de 16h a 20h. No mesmo participa tamen a organización IGAXES 3.
Monthly Archives: Maio 2015
I Encontro ‘Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte’
O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), desenvolvido por 5 grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), organiza o I Encontro Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte. Celebrarase en horario de mañá e tarde o luns 25 e o martes 26 de maio, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O Encontro xirará en torno aos grupos sociais máis vulnerabilizados da nosa sociedade, e fomentará a posta en marcha dunha comunicación non excluínte, que facilite o empoderamento destes grupos. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.
II Xornada de Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia “Adolescentes en Conflicto: Un reto para os/as profesionais”
A Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia (ASEIA) organiza a II Xornada de Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia “Adolescentes en Conflicto: Un reto para os/as profesionais” o vindeiro 27 de Xuño de 2015, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. ASEIA forma parte do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), co que está a colaborar de forma activa. Estas xornadas contan co apopio da Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, o Instituto Wilhelm Reich-Galicia e Trébore S.L.
Ramón Grossfoguel e a necesidade de “Descolonizar a comunicación”
[Ramon Grossfoguel speech about “Decolonizing Communication” at USC.]
O vindeiro martes, 12 de maio, ás 17h na Aula 0 da facultade de CC da Comunicación, contaremos coa presenza de Ramón Grossfoguel, sociólogo da Universidade de Berkeley (California), quen falará sobre “Descolonizar a comunicación”. A conferencia está organizada, no cadro do proxecto CIDEC, polo grupo ESOMI da Universidade da Coruña.
O pensamento de Ramón Grossfoguel, sociólogo de orixe portorriqueña radicado nos Estados Unidos, está ligado á filosofía de liberación latinamericana, à perspectiva da colonialidade do poder (estudos postcoloniais), ao pensamento latino nos Estados Unidos, à filosofía afro-caribeña e á busca de novas perspectivas xeopolíticas do coñecemento non eurocéntricas.
A entrada á conferencia é libre até completar aforo.