I Encontro ‘Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte’

Graphic2

O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), desenvolvido por 5 grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), organiza o I Encontro Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte. Celebrarase en horario de mañá e tarde o luns 25 e o martes 26 de maio, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O Encontro xirará en torno aos grupos sociais máis vulnerabilizados da nosa sociedade, e fomentará a posta en marcha dunha comunicación non excluínte, que facilite o empoderamento destes grupos. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.

O Encontro será inaugurado polo Valedor do Pobo de Galicia, Julio José Fernández e polo vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira o luns ás 9h. E no mesmo participarán investigadoras e investigadores, xornalistas, organizacións sociais e activistas ligados aos catro grupos sociais cos que traballa o proxecto CIDEC: persoas con diversidade funcional, mulleres, infancia e xuventude, e persoas migrantes. Desta maneira perséguese que estes tres eidos: Universidade, medios e organizacións, compartan as súas experiencias, colaboren, e atopen puntos de encontro, de cara a potenciar unha comunicación non excluínte na nosa sociedade e que garanta que se respecten os dereitos de toda a cidadanía.

Conferencias, mesas de debate e un obradoiro

Dentro do Encontro, haberá dúas conferencias, unha o luns (10h), a cargo de Ellen Helsper (London School of Economics) sobre educomunicación e desigualdade social; e outra o martes (10h), que impartirá Natalia Ribas (Universitat Autònoma de Barcelona) sobre migracións, xénero e desigualdade social. Así mesmo, levaranse a cabo, tras as conferencias, catro mesas (dúas cada día) nas que representantes de organizacións sociais e activistas debaterán sobre cuestións de especial relevancia e actualidade para os catros grupos sociais nos que se centra o Encontro, relacionadas co eido da comunicación.

Por outra banda, o luns pola tarde (16h) terá lugar unha mesa de negociación entre xornalistas e organizacións sociais sobre o emprego de linguaxe non excluínte nos medios de comunicación. Mentres que o martes pola tarde (16h) dúas educadoras de Platform London, impartirán un obradoiro, orientado a educadoras/os e investigadores/as,  sobre o seu proxecto Shake! no que traballaron con adolescentes en risco de exclusión en Londres. Todas as sesións do Encontro levaranse a cabo no Visionado 1 da Facultade, e estarán abertas a toda a cidadanía. O obradoiro de Platform, que se celebrará no Plató 2,  require de inscrición previa.

Programa

Luns 25 de maio

9:00h. apertura oficial do encontro a cargo de José Julio Fernández,  Valedor do Pobo e Xosé Pereira, vicerreitor de Comunicación da USC . Marcelo Martínez, Proxecto CIDEC.

Visionado 1.

10:00h. Conferencia de Ellen Helsper (London School of Economics): Cómo la educomunicación amplifica y contrarresta la desigualdad social.

11:30h. Mesa infancia e xuventude. A Lei do Menor nos medios. Introduce: Luis Barreiro, presidente de IGAXES e Doutor en Dereito Constitucional.

13:00h. Mesa Diversidade: Sexualidades. Introduce: Ánxela López, Foro da Vida Independente.

16:00h. Mesa redonda sobre linguaxe non excluínte nos medios de comunicación.

Interveñen: Susana Recouso (SXG), Belén Puñal (CXG e CIDACOM-CIDEC), Lola Ferreiro (activista feminista e experta en linguaxe non sexista), Olalla Rodil  (Sermos Galiza), Antía Pérez Caramés (ESOMI-CIDEC), Antonio Novoa (Foro da Vida Independente)

Martes 26 de maio

10:00h. Conferencia de Natalia Ribas (CERAO-UAB): El género como eje de las fronteras y el contexto de la vulnerabilidad social.

11:30h. Mesa persoas migrantes: Cal é a imaxe que proxectan os medios de comunicación do traballo de ONG e asociacións de inmigrantes? Repensando estratexias para romper coa invisibilidade e os esterotipos. Introduce: Belén Fernández (Esomi-CIDEC)

13:00h. Mesa mulleres: Violencias simbólicas. Introduce Ana Sánchez Bello, profesora na UdC.

16:00h. Obradoiro de Platform sobre a experiencia Shake con adolescentes en risco de exclusión en Londres. Dirixido a educador@s e investigador@s.

20:00h. Conclusións das mesas sectoriais e peche do Encontro

Máis información:

Luis Ogando: luisan.ogades@gmail.com / 685465492

Comba Campoy: combecha@gmail.com / 652807742

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: