II Xornada de Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia “Adolescentes en Conflicto: Un reto para os/as profesionais”

10952233_625048147628533_6165209962176211761_n

A Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia (ASEIA) organiza a II Xornada de Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia “Adolescentes en Conflicto: Un reto para os/as profesionais” o vindeiro 27 de Xuño de 2015, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. ASEIA forma parte do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), co que está a colaborar de forma activa. Estas xornadas contan co apopio da Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, o Instituto Wilhelm Reich-Galicia e Trébore S.L.

As xornadas teñen como premisa que o traballo con adolescentes en conflito supón un gran reto para os profesionais que dende os eidos clínico, xurídico, educativo e/ou social deben situarse como referentes e facilitadores dunha evolución positiva. ¿Cal é a realidade contemporánea dos adolescentes en conflito? ¿Dende que paradigmas podemos entender a relación profesional con eles? ¿Cales son os enfoques metodolóxicos dende os que afrontar o traballo? ¿Cal é a formación e as ferramentas que como profesionais necesitamos?

11143561_655808937885787_3684760414867686456_n

Para mais información sobre a Xornada podedes dirixirvos a aseia.xornadas@gmail.com, a web: www.aseiagalicia.org, e ao Facebook: https://www.facebook.com/pages/ASEIA/305036369629714?fref=ts

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: