Obradoiro para a mocidade ‘Crea, actúa’, impartido os días 27 e 28 de maio por Platform London na Coruña

CREAYEAK

O colectivo artístico Platform London impartirá este mércores 27 e máis o xoves 28 de maio, o taller de arte e expresión ‘Crea, actúa’ na Coruña. A organización Ecos do Sur acolle dito obradoiro dentro do proxecto Agra Civis. Dúas facilitadoras de Platform London atópanse esta semana en Galicia convidadas polo proxecto CIDEC, que leva a cabo a Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE). Ecos do Sur ten colaborado activamente neste proxecto, e desa relación nace esta iniciativa. O obradoiro é completamente gratuito e impartirase polas tardes de 16h a 20h. No mesmo participa tamen a organización IGAXES 3.

Platform London é un colectivo artístico que traballa nos eidos da comunicación, a investigación, o arte e o activismo. Empregando ferramentas educomunicativas desenvolven prácticas e experiencias con rapaces, nas que se incentivan a creatividade e o pensamento crítico dos mesmos. ‘Crea, actúa’ seguirá os pasos do proxecto Shake it! que levan desenvolvendo ao longo de 5 anos, e que a través da poesía e o vídeo, permite que os participantes reflexionen sobre si mesmos e a sociedade na que habitan.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: