Arquivo

Monthly Archives: Xuño 2015

cover_issue_1599_pt_BR

[Available the new edition of ‘ÂNCORA – Revista Latino-americana de Jornalismo’]

A revista científica ‘ÂNCORA – Revista Latino-americana de Jornalismo’, ven de pór a disposición de tódolos seus lectores a súa nova edición, un monográfico sobre Xornalismo, Participación e Cidadanía. Dito número ven a ser o Vol. 2 Nº 1 da revista, correspondente ao semestre Xaneiro – Xuño 2015. Âncora é unha publicación vinculada ao programa de posgrado da Universidade Federal da Paraíba (Brasil). Marcelo Martínez Hermida, coordinador da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE) e investigador principal do proxecto CIDEC, forma parte do Consello Científico de dita publicación (http://periodicos.ufpb.br/ojs2/index.php/ancora/about/editorialTeam). Consolídase así, a aposta de REAL_CODE de fomentar a interacción e a cooperación entre investigadores europeos e latinoamericanos no eido da comunicación e as ciencias sociais. Pódese acceder a tódolos artigos de Âncora dende o seguinte enderezo: http://periodicos.ufpb.br/ojs2/index.php/ancora/issue/current.

Advertisement

Sin redetítulo

A Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo, organiza, dentro do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), un obradoiro sobre radio en igualdade. Dito curso de formación é completamente gratuito e levarase a cabo tódolos martes dende o 30 de xuño ata o 28 de xullo, na Oficina Municipal do distrito do Casco Vello (Rúa Oliva, 12). A inscripción pódese realizar chamando ao número 986222328. A última sesión terá lugar no estudo de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela, porto que o obradoiro é froito da intensa colaboración que están a desenvolver a Rede de mulleres e a Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE) ao abeiro do proxecto CIDEC dende finais do ano pasado. Dito proxecto busca tender puntos de encontro entre o eido da investigación e o entramado social e activista, e conta con financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER da Unión Europea.

Read More

IMG-20150611-WA0001

Persoas que participaron no obradoiro ‘Mediabiografía’/ Mediabiography workshop participants

Os pasados luns 8, martes 9 e mércores 10 celebrouse o obradoiro ‘Mediabiografía’, nas instalacións da Asociación de Dano Cerebral de Vigo (Alento), na cidade olívica. O taller foi impartido por Virginia Villaplana,  artista, escritora e profesora de Comunicación Audiovisual na Universidade de Murcia. No mesmo participaron un grupo de  persoas usuarias desta asociación e outro procedente de COGAMI. Esta actividade forma parte do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), que está a desenvolver a Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), co financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER da Unión Europea.

Read More