Obradoiro ‘Mediabiografía’, impartido por Virginia Villaplana na asociación Alento de Vigo

IMG-20150611-WA0001

Persoas que participaron no obradoiro ‘Mediabiografía’/ Mediabiography workshop participants

Os pasados luns 8, martes 9 e mércores 10 celebrouse o obradoiro ‘Mediabiografía’, nas instalacións da Asociación de Dano Cerebral de Vigo (Alento), na cidade olívica. O taller foi impartido por Virginia Villaplana,  artista, escritora e profesora de Comunicación Audiovisual na Universidade de Murcia. No mesmo participaron un grupo de  persoas usuarias desta asociación e outro procedente de COGAMI. Esta actividade forma parte do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), que está a desenvolver a Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), co financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER da Unión Europea.

O obradoiro ‘Mediabiografía’ tivo como obxectivos enfocar a vulnerabilidade en medios de comunicación, traballar na formación das persoas participantes, a reflexionar sobre a comunicación nas comunidades e nos grupos de atención social prioritaria cos que traballa o proxecto CIDEC. Para acadalos, no obradoiro ‘Mediabiografía’ empregouse a imaxe fotográfica como mecanismo de expresión do traxecto vital, co obxectivo de reflexionar sobre a autorrepresentación das persoas con diversidade funcional. Cada participante achegou unha serie de fotografías nas que formularon os seguintes temas: que imaxino sobre min?, como me ven?, cal á miña imaxe do día? e como miro os lugares nos que vivo?

A través desas actividades, o obradoiro conseguiu analizar, en palabras da propia Villaplana, “como informan os medios de comunicación sobre os chamados grupos de atención social prioritaria (persoas con discapacidade, mulleres, migrantes, infancia e xuventude) e que grao de vulnerabilidade se constrúe sobre a súa representación”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: