A rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo organiza o ‘Obradoiro de radio en igualdade’

Sin redetítulo

A Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo, organiza, dentro do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), un obradoiro sobre radio en igualdade. Dito curso de formación é completamente gratuito e levarase a cabo tódolos martes dende o 30 de xuño ata o 28 de xullo, na Oficina Municipal do distrito do Casco Vello (Rúa Oliva, 12). A inscripción pódese realizar chamando ao número 986222328. A última sesión terá lugar no estudo de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela, porto que o obradoiro é froito da intensa colaboración que están a desenvolver a Rede de mulleres e a Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE) ao abeiro do proxecto CIDEC dende finais do ano pasado. Dito proxecto busca tender puntos de encontro entre o eido da investigación e o entramado social e activista, e conta con financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER da Unión Europea.

Este obradoiro ten como obxectivo xeral: O empoderamento e o fomento da autoestima das mulleres a través de dinámicas nas que as propias mulleres se representen a si mesmas en medios  sonoros , mostrando como desexarían ser representadas nos medios de comunicación polo feito de ser mulleres e vítimas de violencia. Preténdese facer un obradoiro de Radio coas mulleres participantes. Trátase de rachar coa imaxe das mulleres como suxeitos pasivos nos medios, sendo as propias mulleres as que propoñan imaxes e palabras coas que representarse a si mesmas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: