O ‘I Encontro Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte’ nos medios

IMG_0005

Os pasados días 25 e 26 de maio, o proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC) organizaou o ‘I Encontro Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte’ na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. CIDEC é un proxecto que está a desenvolver a Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE) co financiamento da Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea. Este I Encontro funcionou como colofón da primeria fase do proxecto CIDEC, e como comezo da segunda e derradeira etapa do mesmo, que concluirá cun II Encontro a comezos de outono. O Encontro serviu para achegar os diversos puntos de vista das organizacións sociais, os profesionais dos medios de comunicación e o eido académico e investigador, no tocante á comunicación e as posibles exclusións e vulneracións de dereitos que na mesma se dan. A presenza de xornalistas ao longo das xornadas reflectiuse na cobertura que o Encontro tivo nos medios. Ademais da reportaxe que publicou Ana Viqueira no Novas da Galiza, Galicia Confidencial lanzou unha nova, e investigadores do proxecto foron entrevistados no programa Convivir en igualdade, de Radio Galega, así como en Santi Teve, de Santiago TV.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: