Nº 2 da Revista Internacional de Comunicación e Desenvolvemento (RICD)

unnamed

A Revista Internacional de Comunicación e Desenvolvemento (RICD) ven de publicar o seu nº 2. O mesmo ten como eixos a vulneración de dereitos e a representación social e mediática de dous dos grupos de atención social prioritaria cos que traballa o proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC): mulleres e infancia e xuventude. Ademais o número presta especial atención ao ‘I Encontro Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte’ organizado por CIDEC os días 25 e 26 de maio, dando visibilidade ás conferencias de Ellen Helsper e Natalia Ribas, así como ás conclusións do Encontro. A RICD forma parte da estratexia da Rede Europa/América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), o seu director, Marcelo Martínez, é o coordinador de REAL_CODE e investigador principal do proxecto CIDEC. No seguinte número da RICD abordaranse os outros dous grupos de atención social prioritaria nos que se centra CIDEC: persoas con diversidade funcional e migrantes. Pódense consultar os diversos contidos (conversas, artigos, ensaios…) do nº 2 no seguinte enderezo: http://www.usc.es/revistas/index.php/ricd/index

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: