Arquivo

Monthly Archives: Agosto 2015

20150630_190906

Participantes no Obradoiro de radio

O pasado martes 28 de xullo rematou o ‘Obradoiro de radio en igualdade’ que ao longo do mes de xullo organizou a Asociación Rede de mulleres contra os malos tratos de Vigo, co apoio do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), que está a desenvolver a Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE). Como colofón a todo o traballo levado a cabo ao longo das sesións celebradas en Vigo, as participantes gravaron un programo de radio no estudo da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela. O programa así como outros contidos elaborados ao longo do obradoiro, pódense escoitar nos enderezos que se facilitarán a continuación. Este obradoiro renova o compromiso do proxecto CIDEC por tender puntos de encontro entre o eido da investigación e o entramado social e activista. O proxecto conta co financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER da Unión Europea.

Advertisement

Sin 444título

Do 21 ao 25 de Setembro polas tardes na Coruña celebrarase o Curso de Verán da Universidade da Coruña sobre “Políticas de integración de inmigrantes: Debates sobre a xestión da alteridade”. Dito curso está organizado polo grupo de investigación Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI), que forma parte da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), así como do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC) que ésta desenvolve na actualidade. As persoas migrantes son un dos catro grupos de atención social prioritaria cos que está a traballar o proxecto CIDEC. O prazo de matrícula finaliza o 15 de Setembro. Os prezos oscilan entre 30 euros (estudantes y comunidade universitaria, parados/as, xubilados/as, persoas con discapacidade recoñecida, e persoal laboral/funcionarios de todas as Administracións Públicas) e de 50 euros para o público xeral.

Read More