Curso de verán ‘Políticas de integración de inmigrantes: Debates sobre a xestión da alteridade’ (A Coruña, 21-25 de setembro)

Sin 444título

Do 21 ao 25 de Setembro polas tardes na Coruña celebrarase o Curso de Verán da Universidade da Coruña sobre “Políticas de integración de inmigrantes: Debates sobre a xestión da alteridade”. Dito curso está organizado polo grupo de investigación Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI), que forma parte da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), así como do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC) que ésta desenvolve na actualidade. As persoas migrantes son un dos catro grupos de atención social prioritaria cos que está a traballar o proxecto CIDEC. O prazo de matrícula finaliza o 15 de Setembro. Os prezos oscilan entre 30 euros (estudantes y comunidade universitaria, parados/as, xubilados/as, persoas con discapacidade recoñecida, e persoal laboral/funcionarios de todas as Administracións Públicas) e de 50 euros para o público xeral.

No curso debatiranse dende os modelos de integración de inmigrantes, a islamofobia como fenómeno social crecente nas nosas sociedades, a vinculación entre educación e integración de inmigrantes, o nexo entre coidados e inmigración, e finalmente, qué políticas de integración deben implementarse nas nosas sociedades fragmentadas e con Estados de Bienestar mermados polas políticas neoliberales.  Pódese consultar o programa provisional do curso no seguiente enlace: http://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/cursos2015/curso20.html. Para máis información pódese contactar coa organización a través do correo electrónico belen.fernandez.suarez@udc.es.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: