Finaliza o ‘Obradoiro de radio en igualdade’, organizado polo proxecto CIDEC e a Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo
Participantes no Obradoiro de radio
O pasado martes 28 de xullo rematou o ‘Obradoiro de radio en igualdade’ que ao longo do mes de xullo organizou a Asociación Rede de mulleres contra os malos tratos de Vigo, co apoio do proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), que está a desenvolver a Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE). Como colofón a todo o traballo levado a cabo ao longo das sesións celebradas en Vigo, as participantes gravaron un programo de radio no estudo da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela. O programa así como outros contidos elaborados ao longo do obradoiro, pódense escoitar nos enderezos que se facilitarán a continuación. Este obradoiro renova o compromiso do proxecto CIDEC por tender puntos de encontro entre o eido da investigación e o entramado social e activista. O proxecto conta co financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER da Unión Europea.