Arquivo

Monthly Archives: Setembro 2015

foto II E

O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), desenvolvido por 5 grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), organiza o II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións. Celebrarase en horario de mañá e tarde o mércores 7 e o xoves 8, e rematará o venres 9 pola mañá, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). No encontro participarán investigadores, comunicadores, organizacións sociais e activistas ligados aos catro grupos sociais cos que traballa o proxecto CIDEC: persoas con diversidade funcional, mulleres, infancia e xuventude, e persoas migrantes. O  II Encontro ten por obxectivo recoller experiencias de participación nos diversos colectivos sociais e comunidades, así como  idear entre estes, os comunicadores e os investigadores sociais, ferramentas, accións e procesos que axuden a unha mellor comunicación entre todos eles e permitan un coñecemento e recoñecemento  igualitario  e compartido. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.

Read More

Advertisement

encontro panxon

encontro´2015 (1) (1)-page-002

A Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo organiza o 7º Encontro Nacional de Mulleres os días 18, 19 e 20 de setembro na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Ao longo do Encontro haberá conferencias como a que dará Estrela Gómez Viñas sobre ‘Violencia de xénero desde a perspectiva da infancia’, así como obradoiros. As participantes poderán escoller entre tres propostas: o Obradoiro 1 sobre ‘Teatro da Oprimida’, o Obradoiro 2 sobre ‘Auto-coñecemento’ a través do ciclo das mulleres e o Obradoiro 3 sobre ‘A revolución dos afectos’. A inscripción ao Encontro pódese realizar chamando ao 986222328 ou ao 606929137. A Rede de Mulleres colabora activamente co proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC) que desenvolve a Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), co financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER da Unión Europea.

CEISAL

O Consejo Europeo de Investigaciones Sociales de América Latina (CEISAL) e o Instituto de Iberoamérica da Universidad de Salamanca organizando o 8º Congreso Internacional CEISAL 2016: “Tiempos posthegemónicos: sociedad, cultura y política en América Latina, que se celebrará en Salamanca do 28 de xuño ao 1 de xullo de 2016. No mesmo daranse cita investigadores de tódolos eidos das ciencias sociais, de cara xerar espazos de reflexión plurais e críticos dende diferentes disciplinas, para avanzar no coñecemento da realidade social, cultural, económica e política de América Latina en tiempos posthexemónicos. O Congreso articúlase en diversos eixos temáticos que cubren tódalas ciencias sociais. Dentro do eixo da comunicación celebrarase o simposio “Comunicación y cambio social”, coordinado por Marcelo Martínez Hermida, coordinador da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE) así como do proxecto CIDEC; e por Ana Tamarit, da Universidade Estatal de Milagro (UNEMI). Dende a REAL_CODE e o proxecto CIDEC convídase a tódolas persoas que realizan investigación sobre comunicación, comunidade e cambio social que envíen os seus abstracts para participar neste simposio. O prazo de presentación de propostas de ponencias remata o 30 de outubro. O 16 de novembro comunicaranse as ponencias aceptadas e os investigadores terán ata o 30 de marzo de 2016 para o envío das mesmas. Pódese consultar toda a información relativa ao Congreso na súa web: http://ceisal2016.usal.es/es/.

O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC) organizou a finais de 2014, seis grupos de discusión. Un con persoas asociadas a medios comunitarios, outro con xornalistas, e catro con organizacións sociais ligadas aos grupos de atención social prioritaria cos que traballa o proxecto CIDEC: mulleres, persoas con diversidade funcional, persoas migrantes e infancia e xuventude. Ditos grupos de discusión foron gravados, transcritos e empregados ao longo do proxecto, tanto para a construcción do Índice de Vulnerabilidade como para a elaboración do Cadenillo I do proxecto CIDEC. Como resumo das máis de 10 horas gravadas durante a celebración de ditos grupos de discusión, ven de elaborarse e publicarse un video. O proxecto CIDEC, posto en marcha pola Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.