7º Encontro Nacional de Mulleres os días 18, 19 e 20 de setembro en Panxón
A Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo organiza o 7º Encontro Nacional de Mulleres os días 18, 19 e 20 de setembro na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Ao longo do Encontro haberá conferencias como a que dará Estrela Gómez Viñas sobre ‘Violencia de xénero desde a perspectiva da infancia’, así como obradoiros. As participantes poderán escoller entre tres propostas: o Obradoiro 1 sobre ‘Teatro da Oprimida’, o Obradoiro 2 sobre ‘Auto-coñecemento’ a través do ciclo das mulleres e o Obradoiro 3 sobre ‘A revolución dos afectos’. A inscripción ao Encontro pódese realizar chamando ao 986222328 ou ao 606929137. A Rede de Mulleres colabora activamente co proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC) que desenvolve a Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), co financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER da Unión Europea.