II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións, os días 7, 8 e 9 de Outubro en Santiago

foto II E

O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), desenvolvido por 5 grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), organiza o II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións. Celebrarase en horario de mañá e tarde o mércores 7 e o xoves 8, e rematará o venres 9 pola mañá, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). No encontro participarán investigadores, comunicadores, organizacións sociais e activistas ligados aos catro grupos sociais cos que traballa o proxecto CIDEC: persoas con diversidade funcional, mulleres, infancia e xuventude, e persoas migrantes. O  II Encontro ten por obxectivo recoller experiencias de participación nos diversos colectivos sociais e comunidades, así como  idear entre estes, os comunicadores e os investigadores sociais, ferramentas, accións e procesos que axuden a unha mellor comunicación entre todos eles e permitan un coñecemento e recoñecemento  igualitario  e compartido. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.

Mesas de debate e un obradoiro

            Dentro do Encontro, terán lugar tres mesas de debate, unha entre comunicadores e organizacións sociais (mércores 7, 16 h.), outra entre estas últimas e investigadores (xoves 8, 9.30 h.), e unha terceira entre estes e comunicadores (xoves 8, 16 h.). Nestas mesas abordaranse os pasos a dar para que os grupos de atención social prioritaria poidan pasar do eido da representación ao da participación na xestión do común. Así mesmo, haberá unha cuarta mesa na que se presentará o Observatorio Cidadán da Comunicación (OCC), unha ferramenta de análise e reflexión sobre a comunicación en tódalas súas vertentes.

            Por outra banda, o colectivo Ergosfera impartirá un  Obradoiro de mapas socio-comunicativos participativos, durante as mañás do mércores 7 e o venres 9. No que se reflexionará, dende o local, os problemas dos grupos de atención social prioritaria, así como os actores, as dinámicas e os recursos existentes. O Encontro rematará coa lectura das conclusións das diversas mesas o venres ás 13 h. Todas as sesións do Encontro levaranse a cabo no Visionado 1 da Facultade, e estarán abertas a toda a cidadanía. Salvo o obradoiro de mapas socio-comunicativos, que se celebrará na Aula Informatizada 7 e que require de inscrición previa.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: