A Universidade e os medios de comunicación deben ter sensibilidade social

IMG_20151007_161808

– Remata o ‘II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións’, que se celebrou en Santiago dende o mércores ata hoxe

– Investigadores, organizacións sociais e comunicadores conversaron sobre a necesidade de tender pontes entre os tres eidos e mellorar a formación

            O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), desenvolvido por 5 grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), organizou o II Encontro Cidadanía e Educomunicación: das representacións ás participacións. Celebrouse dende o mércores ata hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). No encontro participaron investigadores, comunicadores, organizacións sociais e activistas ligados aos catro grupos sociais cos que traballa o proxecto CIDEC: persoas con diversidade funcional, mulleres, infancia e xuventude, e persoas migrantes. Ademais presentouse o Observatorio Cidadán da Comunicación (OCC), unha ferramenta de análise e reflexión sobre a comunicación en tódalas súas vertentes, prestando especial atención á labor dos medios de comunicación. Dito Observatorio nace coa vontade de facilitar a participación dos grupos sociais vulnerables no eido comunicativo. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.

Ao longo dos diversos debates celebrados coincidiuse na existencia de eivas na comunicación tanto de traballos de participación con grupos en exclusión social, como de investigacións sobre estes grupos feitas no marco da academia. Así mesmo, denunciouse a falta de interacción entre a Universidade, os medios de comunicación e as organizacións sociais. Para superar ditos problemas, os participantes neste foro incidiron na necesidade de máis formación, que axude aos profesionais dos distintos ámbitos a coñecer as dinámicas do resto e permita vencer as barreiras comunicativas detectadas. Á vez, destacouse a necesidade de intensificar a conexión dos medios e a Universidade coa sociedade. Reforzando o compromiso social que estes ámbitos deben ter coa cidadanía. Tanto dende o xornalismo como dende o ámbito académico debe traballarse cunha maior sensibilidade social. Para comunicarse co outro é imprescindible pórse no seu lugar. En último lugar, sinalouse a necesidade de crear redes e estratexias compartidas nas que colaboren grupos de investigación, organizacións sociais e comunicadores. A través do traballo en rede, os tres eidos poden fortalecer as súas relacións, potenciar a súa relación coa sociedade e propor actividades de formación. O obxectivo final é garantir a participación de tódolos grupos sociais na xestión do común, garantir o seu dereito á comunicación e avanzar cara unha investigación e un xornalismo con sensibilidade e compromiso sociais.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: