Publícase o Caderno I do Proxecto CIDEC: Cara a unha comunicación non excluínte

Caderno I Portada

Ven de publicarse o Caderno I do Proxecto CIDEC, baixo o título Cara a unha comunicación non excluínte. Esta obra resume o traballo realizado ao longo da primeira fase do proxecto, que rematou o maio pasado coa celebración do I Encontro Cidadanía e Educomunicación. O Caderno estructúrase en dous grandes bloques, por unha banda estarían os grupos de discusión celebrados a finais de 2014 con representantes de organizacións sociais, medios comunitarios e xornalistas. Ditos grupos de discusión foron transcritos e analizados polo equipo de investigadores do proxecto. Por outra banda, o Caderno recolle os seminarios téoricos celebrados entre finais de 2014 e principios de 2015. Faino a través de textos elaborados polos profesores que os impartiron e da elaboración dun glosario que recolle os principais conceptos tratados nos mesmos. Pódese consultar a obra na súa totalidade no seguinte enderezo: https://cidadaniaecomunicacion.files.wordpress.com/2014/11/caderno-i-do-proxecto-cidec-cara-a-unha-comunicacic3b3n-non-excluc3adnte.pdf, así como na sección de Materiais deste blogue. Ratifícase así o compromiso da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), que pilota o proxecto CIDEC, coa divulgación científica e o diálogo constante coa sociedade. Nas vindeiras semanas está prevista a edición do Caderno II do proxecto, que recollerá o traballo levado a cabo na segunda fase e que servirá de colofón final. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: