O proxecto concentrará os seus esforzos nos seguintes eixos:

1) Elaboración dun ‘Índice da vulnerabilidade dos dereitos humanos e cidadás nos medios’ (IVDMC), axustado á realidade das comunidades locais e das organizacións galegas de atención social prioritaria (muller, migrantes, infancia, xuventude e persoas con discapacidade).

2) Formación dos investigadores, xornalistas e axentes sociais nas ferramentas que lles permitan desenvolver lecturas mediáticas, recoñecer prácticas culturais e capacitar as comunidades locais en tecnoloxías da comunicación

3) Transmisión ás comunidades locais e ás organizacións sociais de coñecementos e técnicas de visibilización comunicativa, que lles permitan representarse e consolidar o seu dereito á comunicación

4) Elaboración de manuais didácticos e de boas prácticas dirixidos ao ámbito educativo e aos medios de comunicación.

%d bloggers like this: