[GEFIL group (USC) joins the network REAL_CODE]
O Grupo de Investigación Galego de Estudos para a Formación e a Inserción Laboral (GEFIL), da Universidade de Santiago de Compostela (USC), vén de sumarse á Rede Europa – América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE) e mais ao proxecto CIDEC. A carta de adhesión foi firmada a semana pasada polo coordiandor de GEFIL, o Doutor Antonio Rial, e polo coordinador de REAL_CODE e do proxecto CIDEC, o Doutor Marcelo Martínez. Mediante esta adhesión á rede, búscase fortalecer ao proxecto CIDEC no eido metodolóxico. Esta proxecto de investigación está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.