Arquivo

blog

RamónGrosfoguel-racismo-sociologia-entrevista-revista-achtung

[Ramon Grossfoguel speech about “Decolonizing Communication” at USC.]

O vindeiro martes, 12 de maio, ás 17h na Aula 0 da facultade de CC da Comunicación, contaremos coa presenza de Ramón Grossfoguel, sociólogo da Universidade de Berkeley (California), quen falará sobre  “Descolonizar a comunicación”. A conferencia está organizada, no cadro do proxecto CIDEC, polo grupo ESOMI da Universidade da Coruña.

O pensamento de Ramón Grossfoguel,  sociólogo de orixe portorriqueña radicado nos Estados Unidos, está ligado á filosofía de liberación latinamericana, à perspectiva da colonialidade do poder (estudos postcoloniais), ao pensamento latino nos Estados Unidos, à filosofía afro-caribeña e á busca de novas perspectivas xeopolíticas do coñecemento non eurocéntricas.

A entrada á conferencia é libre até completar aforo.

Advertisement

Este espazo nace coa intención de converterse nunha plataforma de visibilidade do proxecto Cidec. Aquí iremos plasmando os avances da investigación, as actividades realizadas e os resultados, a medida que se vaian producindo. Ao mesmo tempo, desexamos que sexa unha  ferramenta de comunicación útil entre os distintos participantes no proxecto. Estamos abertos ás vosas suxerencias!