Ven de publicarse o Caderno I do Proxecto CIDEC, baixo o título Cara a unha comunicación non excluínte. Esta obra resume o traballo realizado ao longo da primeira fase do proxecto, que rematou o maio pasado coa celebración do I Encontro Cidadanía e Educomunicación. O Caderno estructúrase en dous grandes bloques, por unha banda estarían os grupos de discusión celebrados a finais de 2014 con representantes de organizacións sociais, medios comunitarios e xornalistas. Ditos grupos de discusión foron transcritos e analizados polo equipo de investigadores do proxecto. Por outra banda, o Caderno recolle os seminarios téoricos celebrados entre finais de 2014 e principios de 2015. Faino a través de textos elaborados polos profesores que os impartiron e da elaboración dun glosario que recolle os principais conceptos tratados nos mesmos. Pódese consultar a obra na súa totalidade no seguinte enderezo: https://cidadaniaecomunicacion.files.wordpress.com/2014/11/caderno-i-do-proxecto-cidec-cara-a-unha-comunicacic3b3n-non-excluc3adnte.pdf, así como na sección de Materiais deste blogue. Ratifícase así o compromiso da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), que pilota o proxecto CIDEC, coa divulgación científica e o diálogo constante coa sociedade. Nas vindeiras semanas está prevista a edición do Caderno II do proxecto, que recollerá o traballo levado a cabo na segunda fase e que servirá de colofón final. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.
CIDEC
I Encontro ‘Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte’
O proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), desenvolvido por 5 grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE), organiza o I Encontro Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte. Celebrarase en horario de mañá e tarde o luns 25 e o martes 26 de maio, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O Encontro xirará en torno aos grupos sociais máis vulnerabilizados da nosa sociedade, e fomentará a posta en marcha dunha comunicación non excluínte, que facilite o empoderamento destes grupos. O proxecto CIDEC está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.
O estado do proxecto CIDEC (I): O que temos feito ata agora
Reunión de traballo entre investigadores, organizacións sociais e xornalistas celebrada o 12 de febreiro
[CIDEC project status (I): What we’ve done so far]
O proxecto ‘Cidadanía e Educomunicación: vulnerabilidade mediática, capacitación comunicativa e desenvolvemento nas comunidades locais e en grupos de atención social prioritaria’ (CIDEC), atópase na actualidade no seu quinto mes de execución. Até o de agora sentáronse as bases teóricas sobre as que se asentan os seus obxectivos, púxose en marcha o traballo conxunto entre a base social e os grupos de investigación universitaria e a finais de mes pecharase a publicación do primeiro libro centrado netamente nas áreas de traballo do proxecto. Imos realizar un repaso polo desenrolado até este momento: