É un proxecto europeo que aspira a desenvolver, experimentar e poñer en marcha prácticas pedagóxicas innovadoras para os medios participativos e comunitarios. Vai dirixido a dous tipos de actores, tendo en conta a diversidade de perfís dentro das organizaciónns sociais e do contexto da educación de adultos: educadores no audiovisual participativo e comunicadores para a cidadanía que desexen mellorar as súas competencias, os primeiros tutelando en reciprocidade cos segundos. Dentro dunha lóxica de enriquecimento mutuo, participarían nun intercambio cos seus colegas europeos para mellorar, cualitativa e cuantitativamente, as ferramentas a súa disposición para recoller e difundir á voz da xente.

Para desenvolver novas competencias a partir da súa aplicación concreta, o proxecto Media Fellow articúlase en torno a:

  • Períodos de inmersión na formación que ofertan os seus socios, fundamentados no intercambio de prácticas e formación de adultos.
  • Períodos de coordinación sobre as metodoloxías pedagóxicas, que permiten a súa re-teorización e aportar un inventario final das mesmas, de cara a ser transmitidas á consideración das organizacións implicadas e das comunidades coas que interactúan.

Media Fellow busca, en última instancia, poñer ao servizo da participación cidadá as ferramentas necesarias para garantir a capacidade das persoas de comunicarse e autorrepresentarse. Podemos clasificar ditas ferramentas en dous grandes eixos:

  • A implicación dos habitantes nunha comunicación activa a través de ferramentas audiovisuais.
  • A facilitación a persoas sen acceso aos medios convencionais á hora de apropiarse dun espazo de encontro social.
Advertisement
A %d blogueros les gusta esto: