Arquivo

Tag Archives: CIDEC

RamónGrosfoguel-racismo-sociologia-entrevista-revista-achtung

[Ramon Grossfoguel speech about “Decolonizing Communication” at USC.]

O vindeiro martes, 12 de maio, ás 17h na Aula 0 da facultade de CC da Comunicación, contaremos coa presenza de Ramón Grossfoguel, sociólogo da Universidade de Berkeley (California), quen falará sobre  “Descolonizar a comunicación”. A conferencia está organizada, no cadro do proxecto CIDEC, polo grupo ESOMI da Universidade da Coruña.

O pensamento de Ramón Grossfoguel,  sociólogo de orixe portorriqueña radicado nos Estados Unidos, está ligado á filosofía de liberación latinamericana, à perspectiva da colonialidade do poder (estudos postcoloniais), ao pensamento latino nos Estados Unidos, à filosofía afro-caribeña e á busca de novas perspectivas xeopolíticas do coñecemento non eurocéntricas.

A entrada á conferencia é libre até completar aforo.

Advertisements

10872860_764309343637814_5236139814221596568_o

Reunión de traballo entre investigadores, organizacións sociais e xornalistas celebrada o 12 de febreiro

[CIDEC project status (I): What we’ve done so far]

O proxecto ‘Cidadanía e Educomunicación: vulnerabilidade mediática, capacitación comunicativa e desenvolvemento nas comunidades locais e en grupos de atención social prioritaria’ (CIDEC), atópase na actualidade no seu quinto mes de execución. Até o de agora sentáronse as bases teóricas sobre as que se asentan os seus obxectivos, púxose en marcha o traballo conxunto entre a base social e os grupos de investigación universitaria e a finais de mes pecharase a publicación do primeiro libro centrado netamente nas áreas de traballo do proxecto. Imos realizar un repaso polo desenrolado até este momento:

Read More

gefil

[UNEMI researchers publish a paper about radios and communities in Ecuador]

Os investigadores Dra. Ana Tamarit, Juan Carlos Cevallos e Jéssica Yépez veñen de publicar na revista mexicana Razón y Palabra, o artigo ‘Radios y comunidades en la región 5 del Ecuador. Existentes y resistencias entre la reterritorialización y las urgencias de una política comunicativa nacional’. Os tres investigadores forman parte do grupo Comunidad, Comunicación y Cambio Social (CCCS), da ecuatoriana Universidad Estatal de Milagro (UNEMI), que vén de integrarse tanto en REAL_CODE como no proxecto CIDEC, tras a estancia na mesma do Dr. Marcelo Martínez. O artigo, pódese ler online neste enderezo: http://razonypalabra.org.mx/N/N88/Varia/53_TamaritCevallosYepez_V88.pdf. Nel fálase tanto de REAL_CODE como de CIDEC, dando visibilidade a ambas iniciativas e fortalecendo a colaboración entre Ecuador e os grupos SUG que levan a cabo o proxecto de investigación CIDEC.

Read More

Palmira-1. Palmira Chavero foi coordinadora do ‘Índice de Vulnerabilidad de los Derechos en los Medios’ de Ecuador

[CIDEC seminar about Media Vulnerability Index as a tool of media control and social empowerment]

O vindeiro luns 15 de decembro dará comezo na Facultade de Ciencias da Comunicación un novo seminario encadrado no proxecto Cidadanía e Educomunicación. Neste caso tratarase o tema dos índices de medición para a análise dos contidos dos medios de comunicación. O seminario analizará tamén o papel do cidadán no sistema de comunicación, a importancia de xerar redes sociais e arroxará as pautas necesarias para enfrontar unha lectura crítica dos medios de comunicación.
Read More