Sonia Livingstone, Marcelo Martínez, Carme Mayugo e Peter Lewis
[CIDEC members discuss community communication and media literarcy with Peter Lewis and Sonia Livingstone.]
Durante a súa estadía en Londres, os investigadores do proxecto CIDEC Carme Mayugo e Marcelo Martínez celebraron unha conversa con dous destacados especialistas no ámbito da comunicación e o desenvolvemento, Sonia Livingstone (London School of Economics) e Peter Lewis (London Metropolitan University). Sonia Livingstone é profesora de psicoloxía social e ten focado a súa investigación nas relacións entre a infancia e os medios de comunicación. Pola súa banda, Peter Lewis ten traballado sobre comunicación comunitaria, en relación coa que desenvolveu a noción de cohesión social. Read More