I ENCONTRO CIDADANÍA E EDUCOMUNICACIÓN: CARA UNHA COMUNICACIÓN NON EXCLUÍNTE (Santiago de Compostela, 25-26 de Maio)
…………………………………………………………………………………………………………………….
PERSOAS CON DISCAPACIDADE: ‘Somos capaces’, vídeo sobre Cogami
FICHA TÉCNICA
Ano: 2013
Duración: 3:36 min
Autores: Adriana Freire Riveiro, Juan Gallego Estremera, Lucía García Botana, Aris González Cid, alumnos da materia ‘Comunicación interpersoal e comunitaria’ da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Sinopse:
O vídeo amosa o traballo de integración das persoas con discapacidade no mundo laboral, a través dos seus propios testemuños, en empresas integradas en Cogami. Os autores do vídeo viviron o día a día dos participantes no centro de día Medelo (Silleda), onde se forma e atende as necesidades particulares de persoas con dependencia.
……………………………………………………………………………………………………….
MULLER: Concurs de Rimes contra la Violència de Gènere, de Teleduca
Concurso de Rimes contra la Violència de Gènere from teleduca on Vimeo.
FICHA TÉCNICA
Ano: 2011
Duración: 5:48 min
Autores: Jenny Valenzuela
Sinopse:
O Concello de Sabadell desenvolveu entre 2010 e 2011 o proxecto ‘Et sona? El Sud Sona!!’, coordinado por Teleduca, para promover a creación artística e a autoexpresión audiovisual dun grupo de mozos dos barrios do sur da cidade. O vídeo amosa un Concurso de Rimas contra a Violencia de Xénero que se fixo no marco do proxecto.
…………………………………………………………………………………………………………….
XUVENTUDE: O alumnado do IES Antonio Fraguas participa nun obradoiro de TV
FICHA TÉCNICA
Ano: 2014
Duración: lista de reprodución (varios vídeos)
Autores: Agareso e alumnos do IES Antonio Fraguas
Sinopse:
O obradoiro de TV do proxecto’ Escolas sen Racismo’ desenvolveuse no curso 2013/2014 no Insituto de Educación Secundaria Antonio Fraguas, en Santiago de Compostela. As ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz e Agareso promoveron esta iniciativa de Educación e Comunicación para o Desenvolvemento, co apoio da Xunta de Galicia. O vídeo forma parte dunha listaxe de reprodución que mostra o alumnado facendo exercicios de locución, presentacións e entrevistas fronte á camara.
…………………………………………………………………………………………………………….
PARTICIPACIÓN COMUNITARIA: documental ‘El tigre y el venado’ (tráiler)
FICHA TÉCNICA
Ano: 2013
Duración: 2 min. (tráiler)
Autores: documental dirixido por Sergio Sibrián e producido pola Escuela Popular y Latinoamericana de Cine, TV y Teatro (EPLACITE) e a Asociación de Capacitación e Investigación para la Salud Mental (ACISAM) de El Salvador.
Sinopse: En 2009 a salvadoreña Asociación de Capacitación e Investigación para la Salud Mental (Acisam) impartiu obradoiros audiovisuais en Tacuba. Os mozos do lugar fixeron un traballo sobre a desaparecida lingua indíxena nahuat. Así foi como Sergio Sibrián, colaborador de Acisam, descubriu a Don Chelino, o último falante de nahuat e coñecedor, tamén, dunha danza indíxena chamada “El tigre y el venado”. Sibrián recolleu no documental os últimos días de vida do ancián e o seu legado.