CALL FOR PAPERS: Simposio ‘Comunicación e Xénero: prostitución e prostitucións simbólicas nos medios de comunicación’
Os vindeiros 3 e 4 de marzo de 2016 celebrarase en Santiago de Compostela o Simposio ‘Comunicación e Xénero: prostitución e prostitucións simbólicas nos medios de comunicación’. Este evento forma parte do proxecto Promediar, no que participa o grupo de investigación CIDACOM da USC, membro fundador da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (REAL_CODE). O Simposio pretende ser un punto de encontro entre investigadores especializados en cuestións de xénero de todo o mundo, de ahí que os idiomas oficiais do mesmos sexan o galego, o castelán, o portugués e o inglés. Ademais das conferencias que xa figuran no programa do evento, haberá paneis de comunicación para a presentación de papers por parte de investigadores. O envío de abstracts para a admisión de ditos papers deberá realizarse antes do 1 de outubro. O resumo estará escrito no idioma orixinal e mais en inglés. Terá unha extensión de entre 750 e 1.000 caracteres (espazos incluídos) e irá seguido das correspondentes palabras chave na lingua na que estea escrito o artigo e mais en inglés. E enviarase á conta de correo electrónico proyectopromediar@gmail.com. Así mesmo, a inscripción no Simposio será gratuita, enviando os datos persoais (nome, apelidos, DNI) á mesma conta de correo electrónico. Pódese consultar o resto de información sobre o Simposio no seguinte enderezo: http://proyectopromediar.wix.com/comunicacionygenero.